Sorpresas a pé de urna

Día 6 | Nos últimos recontos electorais estámonos afacendo a ver mensaxes de todo tipo: papeletas con chourizo, indirectas aos gobernantes, proliferación de votos en branco… estas tendencias estanse trasladando, tamén, ás votacións para o Premio do Público á Mellor Película do 17OUFF. Os encargados de sala, que recollen os vosos votos á saída das sesións (nos que pedimos que califiquedes os filmes do 1 ao 5, sendo esta a máxima nota), están atopando unha serie de papeletas un tanto… difíciles de clasificar. Seguir lendo

Advertisements

Do you understand me?

Día 5 | Alemán, checo, inglés, portugués… coa presenza de convidados de diferentes partes de Europa, a oficina do Festival converteuse hoxe nunha pequena Babel. E cando non tes un tradutor a man, hai que facerse entender como sexa. E dígovos unha cousa, que non nos foi tan mal. Se cadra non temos o first en regla, pero de dotes comunicativas andamos sobrados, que o carallo é entenderse. Fagamos un experimento: xuntemos un galego falante que se apelida Gallego cun checo de Checoslovaquia que recoñece abertamente que, de inglés, just a little… Como acaba o conto? Seguir lendo

Xente miúda

Día 5 | O dito de nos crecen los enanos queda ben traído nesta ocasión. Afeitos como estamos a recibir realizadores de todas as edades, non contábamos con este pequeno exército de escolares entre nós. Viñan convocados para o OUFF Escola, esa marabillosa iniciativa que pretende inculcarlle aos máis novos a paixón polo cinema e polo audiovisual, á marxe de fomentar o galego nestes eidos, e que xa vai pola súa cuarta edición. Hoxe tocaba entrega de premios, e que menos que montarlles unha gala para a ocasión, con presentadoras (Uxía Morán e Ledicia Álvarez) e todo. O conto era reunirse, aplaudir a rabiar e, de postre, ver as películas gañadoras. Seguir lendo

Luns de amor(es)

Día 4 | Vai morrendo o día, pero o corazón latexa cada vez máis forte. Hai un camiño andado, e xa comeza a sernos familiar. Semella que o ánimo se alegra ao recoñecer, ao familiar. E o de hoxe, a golpe de luns, foi un día de apertas, sorrisos e de encontros. E non falo precisamente do de Emiliano Otegui, esta mañá, coa nova fornada de produtores. É cousa de sensacións: as boas enerxías que transmitían Pedro Solla e Comba Campoy, director e produtora executiva de Morreu o demo, acabouse a peseta respectivamente. Sempre é un gusto ver a realizadores da casa dirixíndose ao público coa ilusión da estrea. Seguir lendo

Alumnos de cine!

Día 4 | Outra vaca no millo! Os alumnos do primeiro ciclo de Produción Audiovisual do CIFP A Farixa crearon na rede un recuncho onde, día a día, irán subindo as súas impresións (e) críticas sobre as películas do 17OUFF. Dá gusto que se animen a compartir co resto do público deste festival o que lle parecen as producións que se presentan e, ademais, con ese espírito tan xeneroso: “Estamos abert@s a críticas, comentarios sempre construtivos, pólvora e magnolias, tomates e outros obxectos susceptíbeis de tirar, convites e merendolas… Expresádevos libremente, malditos cinéfilos!” Segue as súas evolucións AQUÍ.

Producir no cine, por Emiliano Otegui

Día 4 | Leva máis de 30 anos no oficio, desde que se metera de axudante de produción con Carlos Saura en Bodas de Sangre no 1981. Anos despois, José Luis Cuerda pasoulle un guión que levaba tempo rondando por diversas oficinas e que semellaba interesante. Tratábase de Tesis, dun tal Amenábar (non sei se vos sona, pero daquela aínda non fixera moito). Esa que sería a súa primeira produción en solitario. Logo virían Los Otros e Mar adentro (do mesmo de antes, só que desta vez xa adquirira certa sona), entre outras, así como 6 premios Goya… Con estes vimbios se presentaba esta mañá Emiliano Otegui nos encontros do 17OUFF perante un público, na súa maioría alumnos do ciclo de Produción Audiovisual do CIFP A Farixa, co que compartiu experiencias, curiosidades e mesmo inquedanzas profesionais. Seguir lendo

(Isto non é) un domingo calquera

Día 3 | Cumpríronse os pronósticos. Aqueles que apostaban por unha xornada de éxito na tarde do domingo, acertaron de cheo. A xornada 3 do 17OUFF deixa como balanzo, á espera da última sesión, salas ateigadas (mesmo a 3, na que xa está ‘certo problemiña’ axustado) e facianas de moita emoción. E é que ecuación era infalible: chuvia + bo cine…  e se por riba lle engadimos unhas pingas do mellor rockanrol a cargo das The Teta’s Van (na foto), domingo redondo. Que aínda non viñeches ao OUFF? Estás a tempo de redimirte. Seguir lendo