Luns de amor(es)

Día 4 | Vai morrendo o día, pero o corazón latexa cada vez máis forte. Hai un camiño andado, e xa comeza a sernos familiar. Semella que o ánimo se alegra ao recoñecer, ao familiar. E o de hoxe, a golpe de luns, foi un día de apertas, sorrisos e de encontros. E non falo precisamente do de Emiliano Otegui, esta mañá, coa nova fornada de produtores. É cousa de sensacións: as boas enerxías que transmitían Pedro Solla e Comba Campoy, director e produtora executiva de Morreu o demo, acabouse a peseta respectivamente. Sempre é un gusto ver a realizadores da casa dirixíndose ao público coa ilusión da estrea. Seguir lendo

Advertisements

Producir no cine, por Emiliano Otegui

Día 4 | Leva máis de 30 anos no oficio, desde que se metera de axudante de produción con Carlos Saura en Bodas de Sangre no 1981. Anos despois, José Luis Cuerda pasoulle un guión que levaba tempo rondando por diversas oficinas e que semellaba interesante. Tratábase de Tesis, dun tal Amenábar (non sei se vos sona, pero daquela aínda non fixera moito). Esa que sería a súa primeira produción en solitario. Logo virían Los Otros e Mar adentro (do mesmo de antes, só que desta vez xa adquirira certa sona), entre outras, así como 6 premios Goya… Con estes vimbios se presentaba esta mañá Emiliano Otegui nos encontros do 17OUFF perante un público, na súa maioría alumnos do ciclo de Produción Audiovisual do CIFP A Farixa, co que compartiu experiencias, curiosidades e mesmo inquedanzas profesionais. Seguir lendo

(Isto non é) un domingo calquera

Día 3 | Cumpríronse os pronósticos. Aqueles que apostaban por unha xornada de éxito na tarde do domingo, acertaron de cheo. A xornada 3 do 17OUFF deixa como balanzo, á espera da última sesión, salas ateigadas (mesmo a 3, na que xa está ‘certo problemiña’ axustado) e facianas de moita emoción. E é que ecuación era infalible: chuvia + bo cine…  e se por riba lle engadimos unhas pingas do mellor rockanrol a cargo das The Teta’s Van (na foto), domingo redondo. Que aínda non viñeches ao OUFF? Estás a tempo de redimirte. Seguir lendo

A piques de rematar o día 2

Día 2 | As cousas hai que dicilas cando son verdade. A actriz Nadia de Santiago conquistou o noso sorriso e os nosos corazóns. Máis aínda despois de sair da sala de ver Ali, a película que vén de gañar o Premio Especial do Xurado no festival Opera Prima de Tudela (ex aequo con Carmina o revienta, de Paco León), e cuxo director, Paco R. Baños, estará mañá entre nós para presentar a súa película [ás 20:30h na sala 1 do Cinebox]. Quen fose esta tarde á primeira sesión, na que contamos coa presenza da propia Nadia e de Daniel de Zayas (técnico de son e compañeiro de batallas do director) poderá corroboralo: paga a pena ver o papelazo que realiza e o agradable que resulta a súa conexión con Verónica Forqué. Seguir lendo

Chegou o día D: here we go!

Día 1 | Xa estamos aquí. O 17OUFF xa deu os seus primeiros pasos coa presentación de Buscando a Eimish a cargo da súa directora, Ana Rodríguez Rosell (é moito máis guapa en persoa, hai que dicilo) na que nos dixo algo que convén lembrar de cando en vez: as cousas fanse con amor ou non se fan (“Esta é a miña primeira película, e está feita coa ilusión e coa forza das primeiras cousas”, dixo, ademáis de outros apuntes moi interesantes). E, nun par de horiñas, iniciaranse as proxeccións dos ciclos temáticos no Cinebox. Todo rodado… e todo no aire: porque a gala de inauguración desta noite é, ante todo, unha liada das boas. Estamos falando de sentar a preto de 600 persoas (cada unha no seu asento), coordinarnos para que todo o traballo previo saia como ten que sair e… que todo saia ben! Seguir lendo

Eskerrik asko, ZULOAK!

Día-7 | Apoios coma este nunca veñen mal, directamente desde Euskal Herria. O equipo de Zuloak, co seu director Fermin Muguruza á fronte, quixo achegarse esta tarde até as nosas oficinas antes de presentar a o documental no Auditorio de Ourense. Ademáis de mandarnos un saúdo moi agarimoso, quixeron tamén animar a todos os ourensáns a participar do 17OUFF. Boa xente, esta de Zuloak, abofé. Por iso que… non perdades a ocasión de velas -porque son elas as que arman o taco- este sábado a partir das 22:00horas na Sala Berlin (rúa Carriaricos), con convidados especiais. Seguir lendo

Cuestión de prioridades

Día -26 | Hai días nos que dá igual o que pase, porque todo está eclipsado por un acontecemento que semella acaparar toda a atención. No OUFF empezamos a saber o que é iso, para a nosa desgraza, e por iso nos solidarizamos hoxe con todos aqueles eventos culturais que teñan a mala pata de coincidir cun… partido de fútbol. A propósito disto, non podíamos pasar a oportunidade de contar unha anécdota relacionada con este tema. Ocorreu anos atrás, en 2005, cando a película de clausura do 10º Festival de Cine Internacional de Ourense coincidiu, vaiapordeus, co partido do século (daquel ano). Seguir lendo