Os ciclos do 17OUFF: Panorama Galiza (4/4)

Ó.I. | DÍA -1 | Dende os seus inicios, o Festival de Cine de Ourense e o audiovisual galego camiñan da man sendo testemuñas e partícipes do desenvolvemento e consolidación no panorama nacional e internacional. Contar con Celda 211 ou 18 comidas como películas de inauguración en anos anteriores amosa o bo momento do sector no país e quere tamén demostrar que as nosas producións non teñen por que circunscribirse a unha sección que as discrimine positivamente. Alén disto, a nosa cidade sempre quixo ser escaparate promocionais do audiovisual galego, e ano tras ano consolida a súa aposta polo cinema do país na súa senlleira sección Panorama Galiza, que cada edición proxecta unha retrospectiva da colleita cinematográfica do país. Seguir lendo

Os ciclos do 17OUFF: Comedia (3/4)

Ó.I. | Día -2 | En Ourense estamos fartos do clixé de que o cine de festival teña que ser mortalmente serio. É certo que na nosa selección predominan os títulos con transfundo social (seica no cinema comprometido custa atopar algo do que rirse), pero iso non quere dicir que o 100% do que proxectamos teñan que ser obrigatoriamente dramas e traxedias. Ademais, sabemos que o noso público demanda comedias (coa que está caendo, cómpre desconectar aínda que só sexa por unhas horiñas). Que tomásemos a decisión de escoller como filme de clausura unha sátira relixiosa que mestura a A vida de Brian coa retranca andaluza confirma a nosa aposta polo cine cómico no OUFF. Iso e… un ciclo de seu. Seguir lendo

Os ciclos do 17OUFF: Europa (2/4)

Ó.I. | Día -2 | É unha mágoa que por mor de limitacións loxísticas e orzamentarias esta edición non puidésemos manter tradicionais seccións competitivas como a de curtas, a de docus ou a de animación. Na medida do posible, para compensar, estamos tentando suplir esa falta nos nosos ciclos paralelos, unha intención que se mostra especialmente evidente na composición do noso ciclo europeo, no que teñen particular preponderancia tres interesantes documentais de autor que procuran outras formas de plasmar o real. Seguir lendo

Os ciclos do 17OUFF: América Latina (1/4)

Ó.I. | Día -3 | Das 128 longametraxes que recibimos para a selección desta edición, había moito onde escoller e non había sitio para todo o que nos tería gustado que entrase. Por iso tentamos que os nosos Ciclos Temáticos sexan unha especie de fiestras a películas que poderían ter sido pero que non couberon, pero das que estamos igualmente orgullosos de presentar. No noso habitual paseo polo máis interesante da cinematografía latinoamericana recente (unha sección recorrente deste OUFF, baixo o nome de Visións de América Latina), este ano decidimos incluír, amais de tres curtas animadas, catro filmes que reparando neles comparten máis características do que parecería inicialmente. Seguir lendo