Acerca de Ourense Film Festival

www.ouff.org

O San Martiño do 17OUFF

Día +1 (resaca de) | E así foi. A polaca Roza, do director Wojciech Smarzowski, gañou a Calpurnia á Mellor película do 17OUFF, encabezando un palmarés no que destaca Ali, cos premios do Público e ao Mellor Director (amáis dunha mención a Nadia de Santiago), e Historias que só existen quando lembradas (premio especial do Xurado e mención á mellor fotografía). The Enemy pecha a lista co Premio ao Mellor Guión. E mentres entregábamos os premios, na gala de clausura, soaban afilados os coitelos do matachín. No día do Magosto de dous mil e doce, ao Festival de Cine de Ourense chegoulle o seu San Sartiño. Seguir lendo

Última estación, gala de clausura

Día 9 | A cidade está de Magosto. E a nosa oficina, camiño de Monte Alegre. Mentres toda a chavalada celebra a festa da castaña, o staff do 17OUFF prepara, a contrarreloxo, o último gran evento do Festival. A gala de clausura é o crebacabezas máis complicado de montar dos 9 longos días que levamos: porque hai que conseguir os protagonistas (neste caso falláronnos dous, e iso que un deles está na Galitzia -pero a polaca-), porque hai que argallar unha festa, porque hai que preparar vídeos, e porque nada do cotiá rematou aínda: segue habendo proxeccións no Cinebox, e segue habendo invitados que presentar (Pela del Álamo, Marcos e María Hervera, Héctor Carré…). Seguir lendo

Queda nada xa, pero aínda hai 17OUFF

Día 8 | Agoniza o venres e, paseniño e case sen darnos de conta, pasou a semana do Festival e xa botamos un cento de pleículas. Mañá anunciaremos o Palmarés (xa fixestes a vosa porra?) e pecharemos o 17OUFF coa correspondente gala de clausura. [Se aínda non vos fixestes coa vosa entrada para ver 12+1… bulide!] Pero no camiño estamos deixando un feixe de cousas que non convén esquecer. A entrada ás salas estase a converter, novamente, un punto de encontro para os cinéfilos desta cidade (e para os que non o son tanto, deixádeos que se acheguen), a carpa do Cinebox, un lugar onde relaxarse ou seguir preparando cousas, e a oficina… a casa de Rebeca, que ten todo o control da Produción desta edición sen mover o cu do sitio. Seguir lendo

Rodar en Galicia: esa aventura

Día 8 | “Rodar en Galicia hoxe en día é algo bastante estraño”. Así de contundente se amosaba Héctor Carré, director de Personal Movie, na apertura do Encontro desta mañá no 17OUFF. E é que, na súa opinión de estratega, unha rodaxe é algo semellante a unha ocupación militar (sic): “se tes todo ben organizado tardas menos tempo e pásalo mellor”. Á súa beira, Marcos e María Hervera, realizadores do documental Avión, un pueblo ausente, representando un modelo completamente oposto: “Plantámonos un día en Avión e tivemos que empezar a convencer á xente de que non era a típica reportaxe sobre emigrantes ricos”, contaba o pequeño dos irmáns. Pero estes, a diferenza da rodaxe blitzkrieg de Carré, optan polo sitio do lugar: “Despois tirámonos mes e medio alí”. Seguir lendo

A porra da oficina

Día 7 | Paralelamente á competición de longametraxes do 17OUFF, existe unha outra competición. O seu gañador non se alzará con ningunha estatuíña de Buciños, nin levará premio económico ningún. Tampouco será portada dos xornáis do domingo nin terá o recoñecemento do sector. Agás encher o peito durante unha semana ou tatuar o loureiro do OUFF como recordo da súa victoria, non lle vexo eu outra contrapartida a este concurso. Iso si, a porra do 17OUFF levanta paixóns, sobre todo porque está máis aberta que nunca: no apartado a mellor película hai propostas para todos os gustos, aínda que destacan Poupata e Roza. No resto das categorías (mellor director, mellor guión, e premio especial do xurado) atopámonos cunha auténtica macedonia de apostas, e só no apartado de premio do público temos unha candidata firme (Ali). Pero, como todo, para gustos, colores, e quen decidirá os gañadores será o xurado así que… admítense apostas!

Octopus to the party

Día 7 | Non hai mellor sitio para levar a un newcomer en Ourense que o campo da feira.  Definitivamente: polbo, carne ao caldeiro, churrasco, viño do país, gaiteiros amenizando a paparota… Yes, this is Ourense: non temos mar pero se cadra o mellor polbo do mundo. Difícil de explicar (realmente non, todo ten a súa lóxica, pero iso non nos corresponde aquí), pero certo. E se xuntas alí un británico e tres alemáns pasa o que ten que pasar: que flipan en colorinchos, natürlich. Xa que este ano quedamos sen festa de paso de ecuador, decidimos darnos un pequeño festín. Seguir lendo

A primeira vez (sempre ilusiona)

Día 6 | “Intensa, dura, e moi satisfactoria”. Así foi a primeira vez de Simone Saibene, e iso que estaba rodeado dun equipo que apenas superaba a vintena. Aitor Rei, pola súa conta, tivo que enfrontarse a un feixe de octoxenarios, aínda que tamén garda un bo recordo. Dous testemuños enfrontados, pero complementarios, os que puidemos escoitar na segunda xornada dos Encontros do 17OUFF. E é que había que quentar a temperatura nesta fría mañá de outono, e non atopamos mellor tema de conversa que o CINE (of course!). Seguir lendo

Sorpresas a pé de urna

Día 6 | Nos últimos recontos electorais estámonos afacendo a ver mensaxes de todo tipo: papeletas con chourizo, indirectas aos gobernantes, proliferación de votos en branco… estas tendencias estanse trasladando, tamén, ás votacións para o Premio do Público á Mellor Película do 17OUFF. Os encargados de sala, que recollen os vosos votos á saída das sesións (nos que pedimos que califiquedes os filmes do 1 ao 5, sendo esta a máxima nota), están atopando unha serie de papeletas un tanto… difíciles de clasificar. Seguir lendo

Do you understand me?

Día 5 | Alemán, checo, inglés, portugués… coa presenza de convidados de diferentes partes de Europa, a oficina do Festival converteuse hoxe nunha pequena Babel. E cando non tes un tradutor a man, hai que facerse entender como sexa. E dígovos unha cousa, que non nos foi tan mal. Se cadra non temos o first en regla, pero de dotes comunicativas andamos sobrados, que o carallo é entenderse. Fagamos un experimento: xuntemos un galego falante que se apelida Gallego cun checo de Checoslovaquia que recoñece abertamente que, de inglés, just a little… Como acaba o conto? Seguir lendo

Xente miúda

Día 5 | O dito de nos crecen los enanos queda ben traído nesta ocasión. Afeitos como estamos a recibir realizadores de todas as edades, non contábamos con este pequeno exército de escolares entre nós. Viñan convocados para o OUFF Escola, esa marabillosa iniciativa que pretende inculcarlle aos máis novos a paixón polo cinema e polo audiovisual, á marxe de fomentar o galego nestes eidos, e que xa vai pola súa cuarta edición. Hoxe tocaba entrega de premios, e que menos que montarlles unha gala para a ocasión, con presentadoras (Uxía Morán e Ledicia Álvarez) e todo. O conto era reunirse, aplaudir a rabiar e, de postre, ver as películas gañadoras. Seguir lendo