Festival de Cine Internacional de Ourense

O Festival de Cine Internacional de Ourense presenta anualmente unha selección das producións cinematográficas e audiovisuais máis innovadoras e destacadas de Galiza, Europa, América Latina e o resto do mundo.

MISIÓN DO FESTIVAL
Definido como plataforma de desenvolvemento e promoción do cine e o audiovisual independentes, o Festival de Cine Internacional de Ourense pon o seu acento en tres obxectivos:
1.- Darlles visibilidade, servindo como plataforma promocional ante o público e os profesionais, ás obras cinematográficas e audiovisuais máis innovadoras e controvertidas producidas en Galiza e en todo o mundo, que contribúan ao entendemento mutuo de todas as culturas.
2.- Servir como punto de encontro en Galiza entre Europa, Iberoamérica e o resto do mundo, para a formación, desenvolvemento, coprodución e distribución do audiovisual galego e internacional.
3.- Servir como plataforma de traballo para o desenvolvemento e difusión da cinematografía e o audiovisual de ámbito galego e lusófono con proxección europea e internacional.

[+info: www.OUFF.org]

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s