O San Martiño do 17OUFF

Día +1 (resaca de) | E así foi. A polaca Roza, do director Wojciech Smarzowski, gañou a Calpurnia á Mellor película do 17OUFF, encabezando un palmarés no que destaca Ali, cos premios do Público e ao Mellor Director (amáis dunha mención a Nadia de Santiago), e Historias que só existen quando lembradas (premio especial do Xurado e mención á mellor fotografía). The Enemy pecha a lista co Premio ao Mellor Guión. E mentres entregábamos os premios, na gala de clausura, soaban afilados os coitelos do matachín. No día do Magosto de dous mil e doce, ao Festival de Cine de Ourense chegoulle o seu San Sartiño.

E abofé que o celebramos por todo o alto. Con ese bo ambiente habitual que nos atopamos, con xente diferente cada ano pero con renovadas sensacións de camaradería, diversión e moito cariño, sobre todas as cousas. E así foi como puidemos sacar isto adiante, coa vosa complicidade nas salas e fóra das salas. E coa dos convidados, que desta vez foron menos pero foron bos. E (por suposto) a de toda a xente á que liamos durante o Festival: a Alberto, a Merche e toda esa xente do Cinebox, coa incorporación de Eva; a Raquel, Eva e a Rosa, do hotel  onde estaban os convidados; a Ángel e a Lalo, os nosos condutores e moito máis ca iso; a Suso e Ángel, na imprenta; a Emilio e a Cristóbal, polos pinchos e demáis, e a Hugo polo catálogo; a todos os voluntarios; a Toño e a Chema, pola carpa para as actividades; a Manuel, a David, a Eli, a Sandra (!!) e a toda a xente do Auditorio, un dez para eles; á Marimar polo seu sorriso perenne; ou a Emilio, da axencia de viaxes, a quen todo o mundo na oficina coñece como Sr. Piña pero que habería que empezar a chamalo, como a Harvey Keitel en Reservoir Dogs, Sr. Blanco. Que non deixa de selo, por outra parte, pero é o que nos acaba resolvendo os marróns das viaxes.

Todas estas sinerxias positivas, unidas ao titánico traballo do equipo da oficina (cómpre dicilo), fixeron posible que xente como Paco Baños, Nadia de Santiago, Daniel de Zayas, Chiqui Carabante, Álex Peña, Gorka Zubelidia, Chrisitan Klandt, Antonia Putiloff, Marina Meliande, Aránzazu Garrastázul, Marcos e María Hervera, Héctor Carré, Emiliano Otegui, Dolores Ben, Dominic Lees, Zdenek Jirasky, Pela del Álamo… marchasen de Ourense coa sensación de estar ban acollidos e poder compartir co público filmes que non poderían verse noutro sitio máis que no marco dun Festival de Cine. Encantados da cidade e con ganas de voltar.

E a nós, os que estivemos entre bambalinas, coa oportunidade dun domingo tranquilo (e que ao cabo non o foi tanto) para sentarnos no cine e gozar das pelis gañadoras, na tarde do domingo. E dar así por pechado este capítulo…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s