Última estación, gala de clausura

Día 9 | A cidade está de Magosto. E a nosa oficina, camiño de Monte Alegre. Mentres toda a chavalada celebra a festa da castaña, o staff do 17OUFF prepara, a contrarreloxo, o último gran evento do Festival. A gala de clausura é o crebacabezas máis complicado de montar dos 9 longos días que levamos: porque hai que conseguir os protagonistas (neste caso falláronnos dous, e iso que un deles está na Galitzia -pero a polaca-), porque hai que argallar unha festa, porque hai que preparar vídeos, e porque nada do cotiá rematou aínda: segue habendo proxeccións no Cinebox, e segue habendo invitados que presentar (Pela del Álamo, Marcos e María Hervera, Héctor Carré…).

Entre os hits de hoxe, a rolda de prensa de pola mañá: lectura de palmarés co voceiro di xurado, Emiliano Otegui, e presentación de 12+1, una comedia metafísica. O dos premios foi tranquilo, se cadra interrompido polos aplausos a un dos que levou cacho. (Enteirarédesvos por aí da lista, ou xa vola poño… ou despois da gala.) O do filme xa ten máis miga: con Chiqui Carabante, o director, á cabeza, plantáronse na oficina Gorka Zubeldia, Álex Peña, Fran Torres e Aránzazu Garrastázul. Quedádevos con estes nomes, porque é máis que posible que os podades atopar esta noite de celebración. Coa alegría que nos puxeron na rolda de prensa, non quero imaxinar o que serán por aí fóra.

Por riba, descubrimos que no 17OUFF hai conexión andaluza: Lembrades a Paco Baños e a Daniel de Zayas? Pois seica o director de Ali foi axudante de dirección de Chiqui Carabante, e das boas migas que manteñen deron boa mostra no concerto d’Os Amigos dos Músicos, onte á noite. Demostrado queda con esa foto. O que non podemos demostrar (até que o vivades nas vosas propias carnes) pero si prometer é que as risas están garantidas na película de clausura do 17OUFF: nada máis que desmontar o mito de Xesús en clave de humor. Como se nada.

A súa proxección comezará despois da pertinente gala, a partir das nove da noite, e outra vez conducida polos terribles Os da Ría (por certo: camiño do Auditorio para comezar o ensaio). Haberá entrega de premios aos representantes das películas de sección oficial, e unha pequena presentación por parte dos actores. Unha película boa e… Todo o que poda pasar do seu remate ata mañá queda á vosa imaxinación. (…)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s