Rodar en Galicia: esa aventura

Día 8 | “Rodar en Galicia hoxe en día é algo bastante estraño”. Así de contundente se amosaba Héctor Carré, director de Personal Movie, na apertura do Encontro desta mañá no 17OUFF. E é que, na súa opinión de estratega, unha rodaxe é algo semellante a unha ocupación militar (sic): “se tes todo ben organizado tardas menos tempo e pásalo mellor”. Á súa beira, Marcos e María Hervera, realizadores do documental Avión, un pueblo ausente, representando un modelo completamente oposto: “Plantámonos un día en Avión e tivemos que empezar a convencer á xente de que non era a típica reportaxe sobre emigrantes ricos”, contaba o pequeño dos irmáns. Pero estes, a diferenza da rodaxe blitzkrieg de Carré, optan polo sitio do lugar: “Despois tirámonos mes e medio alí”.

Dúas formas de entender a forma de facer unha película, pero visións semellantes á hora de afrontar unha rodaxe. E é que os directores debullaron asuntos de candente actualidade, como son a financiación dos proxectos audiovisuais agora que as teles retiraron o seu apoio e as axudas públicas están en dúbida ou, peor, computables como bonos lixo. O teiña deu de falar na mesa nobre da carpa: Mentres María Hervera aseguraba que conseguíu toda a axuda para rodar en condicións fóra (TVE mercou o proxecto) e despois veu rodar a Galicia, Carré animaba a desenvolver unha forma máis indie de rodar: “Se os italianos facían arte povera aproveitando os elementos que atopaban no lixo, agora haberá que facer cinema povera… irse ao indie e facer cine sen cartos”. Iso é valor!

Outro dos puntos quentes do Encontro foi a percepción sobre as axudas públicas (temas escabrosos). Na opinión dos Hervera, “as axudas son un pouco surrealistas: convócanse de xeito que as teñas que rexeitar, polas urxencias: é unha forma de xustificar que hai cartos para o cine e xa está”, laiábase María. O seu colega Héctor Carré, quen por certo afirmou ter unha particular solución ao tema do paro, respondía: “A burocracia é un animal moi grande cuns pés moi pesados”. Ou, en román paladino e por se quedaban dúbidas, que “as axudas sempre se distribúen a varios anos co que, cos cambios de responsables, vanse arrastrando dun ano para outro e dilatándose no tempo”.

Este foi o último dos Encontros deste 17OUFF, pero non a última vez que vexamos aos seus protagonistas: Héctor Carré presenta, esta mesma tarde, a súa película Personal Movie antes da súa proxección (sala 1, ás 20:30 h) coa presenza das actrices Yelenia Molina, Isabel Blanco e Deborah Vukusic. No caso dos Hervera, mañá estarán presentando o documental nunha sala ateigada de… veciños de Avión que decidiron organizarse para atender á proxección. Uns farano en autobús (50 compoñentes da asociación de pandereteiras Flor de Toxo), e outros pola súa conta nos seus vehículos particulares. Benvidos todos!!

Advertisements

One thought on “Rodar en Galicia: esa aventura

  1. Pingback: O docu ‘Avión, el pueblo ausente’ gaña a Semana de Cine de Lugo | 18 Festival de Cine Internacional de Ourense

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s