Queda nada xa, pero aínda hai 17OUFF

Día 8 | Agoniza o venres e, paseniño e case sen darnos de conta, pasou a semana do Festival e xa botamos un cento de pleículas. Mañá anunciaremos o Palmarés (xa fixestes a vosa porra?) e pecharemos o 17OUFF coa correspondente gala de clausura. [Se aínda non vos fixestes coa vosa entrada para ver 12+1… bulide!] Pero no camiño estamos deixando un feixe de cousas que non convén esquecer. A entrada ás salas estase a converter, novamente, un punto de encontro para os cinéfilos desta cidade (e para os que non o son tanto, deixádeos que se acheguen), a carpa do Cinebox, un lugar onde relaxarse ou seguir preparando cousas, e a oficina… a casa de Rebeca, que ten todo o control da Produción desta edición sen mover o cu do sitio.

Pero para non poñernos nostálxicos, que aínda non é tempo, botemos unha ollada ao que aconteceu hoxe pola tarde na carpa do Cinebox: a presentación da película Personal Movie, de Héctor Carré, e que contou coa participación do seu propio director e das actrices Yelena Molina (que viaxou lixeira de equipaxe, pero non esqueceu meter o bañador no bolso para ir ás termas) e Deborah Vukusic (estrenando carné de conducir desde Vigo… valiente!). A verdade é que a convocatoria estivo un pouco deslucida por outra que nos contraprogramou un señor que manda moito en Galicia, pero a cambio puidemos falar de vagar e, coma quen di, entre amigos. Carré, que gaña nas distancias curtas, anunciou a campaña que levará a súa última obra por toda Galicia (desde o 25 de xaneiro, e de finde en finde, pasará por A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Ourense e Lugo), e que pretende animar ao público a ver unha peli de suspense… pero con moito humor incorporado. O que se chama unha campaña indie.

Mentres, agardaban Os Amigos dos Músicos, que tamén se quixeron unir ao coloquio. eles agardaron pacientemente, e despois encheron a carpa de sons un pouco máis afastados do que o rock and roll destes últimos días. A súa era unha proposta máis de escoitar e de presenciar. E é que non hai forma de que o público vaia para adiante eh! Que conste que xogaban en casa, e iso se notaba ben… (Despois xa vos poñemos unhas fotos no facebook, que “ao peche desta edición” aínda non tiñamos as fotos no prelo. Pero para que vexades que ao público lle custaba animarse, aí vos deixamos unha instantánea que tirou Cristina, de Produción…)

E así vai sendo o conto… Aínda queda todo o día de mañá para ver pelis. Que aínda hai nove sesións para gozar do cine e, de regalo, unha peli de clausura. E que o domingo botaremos as premiadas. Isto aínda non acabou!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s