Octopus to the party

Día 7 | Non hai mellor sitio para levar a un newcomer en Ourense que o campo da feira.  Definitivamente: polbo, carne ao caldeiro, churrasco, viño do país, gaiteiros amenizando a paparota… Yes, this is Ourense: non temos mar pero se cadra o mellor polbo do mundo. Difícil de explicar (realmente non, todo ten a súa lóxica, pero iso non nos corresponde aquí), pero certo. E se xuntas alí un británico e tres alemáns pasa o que ten que pasar: que flipan en colorinchos, natürlich. Xa que este ano quedamos sen festa de paso de ecuador, decidimos darnos un pequeño festín.

Primeira sorpresa: o lugar. Que fai tanta xente xunta comendo no mesmo sitio? Entendo que, para un británico educado nas leis da boa mesa, poda resultar un tanto bárbaro unha mesa corrida, pero resulta tan estrano para un país cuxo maior atractivo turístico é a Oktoberfest? Seica si. Segunda sorpresa: como é que se sumerxe o becho este con patas nesta pota de cobre ao lume? Todos os segredos tampouco llelos imos explicar, mellor que queden con certo misterio. Pero, e o pan? Oes, semella que gostan del, pois agarda a que veña o prato de polbo. Por non falar do pimentón: dobre ración para os alemáns, se cadra afeitos aos sabores de medio oriente.

Terceira sorpresa: o viño. Aquí non se bebe o Rioja, dears, que para iso podemos fachendear no país de cinco denominacións de orixe… ou!? Recomendamos, iso si, mollar ben o pan no aceite para ir facendo “certa camiña” no estómago (que xa se sabe: “viño do Ribeiro, falangueiro e trouleiro”). Cuarta sorpresa: que fai ese señor tan estraño con ese instrumento tan estraño (!!??). Un gaiteiro, disque. Dende logo, o que nos queda por ensinarlle á xente… Quinta sorpresa: o postre (e o café -de pota-). Nada refinado aos ollos dun británico (cuxa paixón pola auga fervida en infusión é certamente curiosa), pero un complemento ideal de tan copiosa comida. Iso ou… media botella de viño que quedaba por beber, todo un derroche. Credes que quedou alí? Non ho!

Mentres todos pensabamos na xustiza que podería facerlle unha sesta a estes alimentos benditos pola choiva miúda que caía no recinto, tivemos que despedirnos de Marta Reis e de Jaime Neves, os representantes do Black & White. Os que puideron deitarse un rato marcharon para o hotel; os que tivemos que inchar toda a tarde, para a oficina e para o Cinebox. E así foi…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s