Sorpresas a pé de urna

Día 6 | Nos últimos recontos electorais estámonos afacendo a ver mensaxes de todo tipo: papeletas con chourizo, indirectas aos gobernantes, proliferación de votos en branco… estas tendencias estanse trasladando, tamén, ás votacións para o Premio do Público á Mellor Película do 17OUFF. Os encargados de sala, que recollen os vosos votos á saída das sesións (nos que pedimos que califiquedes os filmes do 1 ao 5, sendo esta a máxima nota), están atopando unha serie de papeletas un tanto… difíciles de clasificar.

Deixemos as cousas claras: hai un recadriño en cada papeleta no que hai que dibuxar un número do 1 ao 5. (1-2-3-4-5, calquera vale.) O que é despexar X dásenos bastante mal sen ter outro tipo de información, así que, lamentablemente, consideraremos ese voto como “nulo”. Outra cousa é o dos votos en branco: será que hai quen persegue un premio do público deserto? Agardemos que non, e que vos gusten as películas e lles deades unha boa nota.
Por non falar das mensaxes subliminais… Teño no meu poder un debuxo moi orixinal, algo que semella unha sorte de círculos concéntricos realizados cun trazo moi dadá. Como non sabemos interpretar o que nos queredes transmitir, e dito sexa que aceptamos mensaxes canda os votos, só nos queda pedirvos que sexades máis explícitos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s