A primeira vez (sempre ilusiona)

Día 6 | “Intensa, dura, e moi satisfactoria”. Así foi a primeira vez de Simone Saibene, e iso que estaba rodeado dun equipo que apenas superaba a vintena. Aitor Rei, pola súa conta, tivo que enfrontarse a un feixe de octoxenarios, aínda que tamén garda un bo recordo. Dous testemuños enfrontados, pero complementarios, os que puidemos escoitar na segunda xornada dos Encontros do 17OUFF. E é que había que quentar a temperatura nesta fría mañá de outono, e non atopamos mellor tema de conversa que o CINE (of course!).

9 ondas é a primeira longametraxe de Simone Saibene, un italiano afincado en Ourense (tanto que se lanzou a dar a charla en galego) que aborda a procura da identidade dun home que esquece todo canto coñecía e conta coa participación de
Dario Merlini, María Tasende e Isabel Martínez-Risco. Aínda que, para procura, a que tivo que facer el para financiar o proxecto: porta por porta ou, como lle chaman agora os modernos, crowdfunding. Pero, antes diso, houbo de ver un feixe de películas… todo por adquirir “un método na ollada, o máis importante que ten que ter un director de cine”, aseguroulle ao público (moitos deles participaran, dunha forma ou doutra, en 9 ondas). Unha ollada que foi construindo ao longo dos seus 34 anos e despois de moitos proxectos documentais e de curta metraxe.

Canda el, Aitor Rei, a quen podemos recoñecer pola súa prolífica faceta de actor e dramaturgo (lembrades a montaxe do Afiador no pregón das Festas de Ourense? pois iso). O seu debut tras da cámara foi en forma de viaxe: “unha viaxe de viaxes”, a dos afiadores galegos en busca de fortuna para alimentar as súas familias que comezou vai 300 anos e que rematou en lugares tan dispersos coma Nova York, La Habana… Para A última viaxe do afiador, un proxecto do que hoxe puidemos ver un máis que interesante adianto, percorreu un longo camiño de documentación que se viu recompensado pola riqueza dos testemuños recollidos. Actualmente, o docu está en fase de posprodución.

Ten que haber unha primeira vez, pero sempre como preludio dunha exitosa carreira. Os mesmos éxitos que desde o 17OUFF lle desexamos a estes dous realizadores.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s