Do you understand me?

Día 5 | Alemán, checo, inglés, portugués… coa presenza de convidados de diferentes partes de Europa, a oficina do Festival converteuse hoxe nunha pequena Babel. E cando non tes un tradutor a man, hai que facerse entender como sexa. E dígovos unha cousa, que non nos foi tan mal. Se cadra non temos o first en regla, pero de dotes comunicativas andamos sobrados, que o carallo é entenderse. Fagamos un experimento: xuntemos un galego falante que se apelida Gallego cun checo de Checoslovaquia que recoñece abertamente que, de inglés, just a little… Como acaba o conto?

– In Galicia we have Citroën-, says the Gallician.
– In Czech Republic we have Skoda-, respóndelle o outro.

E é que para entenderse con Zdenek Jirasky non é preciso dominar linguas. Do mesmo xeito sutil co que arrinca o seu filme, Poupata (léase como esdrúxulo), intercambia impresións cos espectadores ourensáns despois da súa última proxección no 17OUFF. Ao seu lado está Óscar, todo un seguro de vida nestas ocasións. Así que a charla se prolonga e, ao cabo, acaba recibindo o calor dun público entregado ao seu “drama con pingas de humor”. Mesmo hai quen se atreve a preguntar en inglés… Ah, non, esa é Muriel (Wimmer), que está xunto a súa compañeira de reparto en Little Thirteen, Antonia (Putiloff).

Porque este é outro conto. Poñédevos en situación: tentamos explicarlle a unha rapaza alemana, en idioma communicative-english, o seu calendario de proxeccións, a situación da zona vella, o trenciño das termas… e que ela che conteste, en perfecto castellano de Cervantes: “Ah, gracias, muy amables”. Pois é, que Muriel fala castelán (seica a súa nai ten unha academia de spanisch) pero Antonia non. Entón é Muriel quen lle traduce a Antonia, en alemán de Alemaña, todo o que lle vamos contando. De foto… Pero todo cambia cando chega Christian (Klandt), o director da película. E, por riba, a unha praza da que saíra victorioso (levou, con Weltstadt, a Calpurnia a mellor película no 13OUFF). E o primeiro que fai á súa chegada é lembrar os viños. Como la vida misma!

Teñen os tres protagonistas de Little Thirteen a oportunidade de demostrar as súas habilidades co galego, na sesión das 23:00h na sala 1, perante unha audiencia que sabe da calidade do filme. Nesa carreira, terán que loitar con outras propostas que tamén están gustando: Volcano, Can, Ali e a propia Poupata, da que falábamos antes. E contra as proxeccións en 35mm que tan bos recordos traen. Nese formato estanse exhibindo Volcano, Historias que só existen quando lembradas e Roza. Todas teñen adeptos e interese por causas diversas, e hainos chegados mesmo de Portugal, como Marta Reis e Jaime Neves, responsables do Black and White de Porto. Empaparse de cine é a consigna. De cine e…

Os M Carballo Trio non son uns tipos que non te sonen, porque son caras coñecidas de-Ourense-de-toda-la-vida (Manuel Carballo, David Outomuro e Alberto García), é que ademáis sonan realmente ben. O seu é rollo clásico: blues-rock, co seu de blues e melodías paseniñas, e co seu de rock e de ganas de ghastar pista. Que si, que a estética rockabilly volta: que estamos nun centro comercial e estamos ao tanto das novas tendencias das marcas galegas máis internacionais… Pero que, aínda así, dá gusto que se acheguen todos os públicos, e que descubran…

Agora que para descubrimentos… o que están recollendo os nosos compañeiros a pé de furna do Cinebox. Agora volo contamos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s