Luns de amor(es)

Día 4 | Vai morrendo o día, pero o corazón latexa cada vez máis forte. Hai un camiño andado, e xa comeza a sernos familiar. Semella que o ánimo se alegra ao recoñecer, ao familiar. E o de hoxe, a golpe de luns, foi un día de apertas, sorrisos e de encontros. E non falo precisamente do de Emiliano Otegui, esta mañá, coa nova fornada de produtores. É cousa de sensacións: as boas enerxías que transmitían Pedro Solla e Comba Campoy, director e produtora executiva de Morreu o demo, acabouse a peseta respectivamente. Sempre é un gusto ver a realizadores da casa dirixíndose ao público coa ilusión da estrea.

A súa é unha historia itinerante, a do teatro ambulante, unha memoria que “era de xustiza recuperar”, afirmaba Comba. O director, pola súa conta, animou ao público a imbuirse na camaradería do teatro, “a mesma que fomos atopando nós nas nosas viaxes, que se note tamén aquí”, dixo. Canda eles estaba tamén outra ben coñecida (e coñecedora) do Festival de Cine de Ourense. Chelo Loureiro, produtora de O xigante. Contenta pola excelente acollida que está a ter a súa produción (leva colleitado un feixe de premios, nominacións ao redor de todo o mundo e vén de ser seleccionada na sección oficial do Festival de Curtas de Boadilla del Monte), quixo tamén coñecer as sensacións dos espectadores.

O amor tamén fluiu na carpa do centro comercial, coas melodías clásicas da Mary’s Swing Band. Música de sempre dacabalo entre o jazz, o rock, o blues.. Quen estivo dá boa conta do que falo, que de seguro aproveitou o ritmo de Marisa e cía para mover os pés e combater o frío de outono. E o que nos queda por gastar zapatilla: M Carballo trio, Mitocondrias e Os Amigos dos Músicos… Un broche de gala para algunhas das bandas sonoras das películas na competición do 17OUFF (a de Izlet, sen ir máis lonxe).

Pero se neste curto camiño que fixemos nos faltaba algo, xa chegou. Un ingrediente sen o que non poderiamos facer o caldo. O pirixel do 17OUFF: Procedente de Valencia D.F., en furgoneta e case do tirón… o inigualable Jesús Amores. O encargado de subtitular os filmes de 35mm. Unha alegría como poucas nesta oficina, malia o breve das súas visitas, case sempre camiño das termas de Outariz. Desta vez non vén Estela, a quen botaremos de menos, vén Pablo Pérez, a quen estaremos encantados de acoller entre nós.

E mañá martes, día 5. Agardámolo. Iso si, con Muriel e Antonia.

Unha opinión sobre “Luns de amor(es)

  1. Sois lo mejorcito. Os deseo muchísima suerte y espero que pueda disfrutar de vuestro cine, vuestra compañía y gastronomía muy pronto.
    Muchos besos. Estela

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s