Producir no cine, por Emiliano Otegui

Día 4 | Leva máis de 30 anos no oficio, desde que se metera de axudante de produción con Carlos Saura en Bodas de Sangre no 1981. Anos despois, José Luis Cuerda pasoulle un guión que levaba tempo rondando por diversas oficinas e que semellaba interesante. Tratábase de Tesis, dun tal Amenábar (non sei se vos sona, pero daquela aínda non fixera moito). Esa que sería a súa primeira produción en solitario. Logo virían Los Otros e Mar adentro (do mesmo de antes, só que desta vez xa adquirira certa sona), entre outras, así como 6 premios Goya… Con estes vimbios se presentaba esta mañá Emiliano Otegui nos encontros do 17OUFF perante un público, na súa maioría alumnos do ciclo de Produción Audiovisual do CIFP A Farixa, co que compartiu experiencias, curiosidades e mesmo inquedanzas profesionais.

Comezou Emiliano facendo un repaso polo aspecto máis tecnolóxico do cine, falando sobre as diferenzas entre o filme de 35mm e as posibilidades do dixital, tanto no referente ao son como á montaxe final. “O dixital déixao todo máis claro, máis limpo, máis nítido”, di, aínda que bota en falta “a textura, ese gran que me parece fundamental”. Iso si, “todo é máis rápido e tes máis posibilidades de modificalo na sala de posprodución”, recoñecía.
Otegui, membro do xurado do 17OUFF, non quixo estenderse moito na súa alocución e si darlle a palabra aos alumnos d’A Farixa. Deste xeito, puideron charlar sobre temas de rabiosa actualidade como a suba do IVE, que tildou de “catastrófico”, a diferenza entre producir series de televisión e películas, os recortes nos orzamentos das televisións para o cine e o duro das condicións que lles impoñen ás películas, as posibilidades da TDT ou os novos formatos de visionado dos contidos audiovisuais.

Tres curiosidades (por Emiliano Otegui):
– Sabedes canto custou a produción de Tesis? 120 millóns (de pesetas), dos que 100 saíron da venda anticipada da película no estranxeiro. Os outros vinte foron “apoquinados” polos produtores.
– E cantos metros de película teñen as producións españolas? Entre 25 e 30 km de filme de 35mm. Imaxinade, logo, todo o proceso de montaxe, fotograma a fotograma… E, con todo este traballiño, “como para que despois se vexa nun móbil”, bromeou.
– Sabedes cantas bandas tiña a serie para televisión El Quijote en cada bobina? Un máximo de 12. E cantas levaba, co proceso dixital, a súa última película producida? Un mínimo de 88.
– Antes, os efectos de choiva nas películas limitábanse a un. Hoxe xa se pode escoller un tipo de choiva por cada superficie imaxibable…

Cousas…

Unha opinión sobre “Producir no cine, por Emiliano Otegui

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s