(Isto non é) un domingo calquera

Día 3 | Cumpríronse os pronósticos. Aqueles que apostaban por unha xornada de éxito na tarde do domingo, acertaron de cheo. A xornada 3 do 17OUFF deixa como balanzo, á espera da última sesión, salas ateigadas (mesmo a 3, na que xa está ‘certo problemiña’ axustado) e facianas de moita emoción. E é que ecuación era infalible: chuvia + bo cine…  e se por riba lle engadimos unhas pingas do mellor rockanrol a cargo das The Teta’s Van (na foto), domingo redondo. Que aínda non viñeches ao OUFF? Estás a tempo de redimirte.

O primeiro en facelo foi o propio (sr.) alcalde, Agustín Fernández, quen non quixo perderse a película da que todos falan, Ali (o último pase é mañá ás 23:00h). Se cadra porque quería coñecer, en primeira persoa, ao responsable máximo desta oda á xuventude: o seu director, Paco R. Baños, compareceu perante o público para presentar e para debater, a posteriori, co respetable. Fíxoo acompañado da actriz Nadia de Santiago, que segue levantando paixóns pola cidade, e de Daniel De Zayas, un técnico de son ao que xa podemos adoptar na cidade: despois de agardar quenda para degustar un bo prato de polbo de Arcos, ben o merece!

Pero non só de Ali vive o 17OUFF: a turca Can mereceu moi boas notas dos que saían da sala, e The Enemy deixou a moitos dos presentes certamente anguriados. Electrick Children colleitou unha entrada espectacular e, na sesión das 23:00 están as entradas que nos las quitan de las manos para ver Poupata e Izlet. Os ciclos tamén suscitan o interese do noso público e cumpren a súa función: Comedia, con Semiprofesionales e Abracadabra, nunca falla; a francesa Le bonheur… Terre Promise fíxonos soñar coa utopía (por que non??!!) e No te enamores de mí, xunto con El Candidato, tiñan moitos fans na entrada da sala.

E para variar, un pouco de rock… Isto acaba de comezar!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s