Domingo + Choiva: todos ao cine!

Día 3 | Ficaba tranquila a cidade cando esta mañá o director Paco G. Baños (Ali) “aterraba” en Ourense. As rúas, molladas, con esta melancólica sensación de outono e de cine. E o frío, que xa chegou para instalarse. Circunstancias que nos empurran, inevitablemente, á sala do cine. Porque, malia a inusual tranquilidade de domingo na oficina, hoxe tamén se cociña un menú do día: ás 18:00h, Can, The Enemy e Semiprofesionales (+Abracadabra); ás 20:30h Ali (coa introducción do seu director e da actriz principal, Nadia de Santiago), Electrick Children e Le Bonheur… Terre Promise (+ Je vous prie de sortir); e ás 23:00h, Poupata, Izlet e No te enamores de mí (+ El candidato). Ah, e concerto de The Teta’s Van, ás 21:00h.

As sensacións son boas: a xente está indo ás salas e, salvo pequenos detalles a mellorar (como a calidade de proxección na sala3), sae contenta. O ambiente ao redor da carpa, sobre todo durante os concertos, é de camaradería. A presenza de convidados tan simpáticos como Daniel de Zayas e Nadia de Santiago sempre anima un pouco. E máis aínda cando descubres por sorpresa, caso desta última, conexións familiares que descoñecías por completo mentres degustas pratos típicos da terra.

Por certo, que hoxe temos unha visita inesperada na oficina: os compañeiros Carolina Piñeiro e Miguel Ángel, de La Región, que andan por aquí para falar con nós e, de paso, contarlles aos lectores do seu xornal máis polo miudo o traballo que facemos dentro do OUFF. Cunha camara polo medio, a xente sempre se volve un pouco máis vergoñenta, pero dado o encanto destes dous xornalistas, a ver quen se resiste! E, para corresponder, nós tamén os facemos a eles protagonistas da nosa noticia.

A ver se para hoxe camelamos tamén ao noso alcalde, a quen onte “pillamos” entrando no cine… para ver a última do axente 007. No 17OUFF non temos ningunha película de acción ao uso, pero si temos un convidado que garda certa semellanza con Daniel Craigh, ou iso cremos na oficina. Trátase do director checo Zdenek Jirasky, de Poupata, quen estará con nós a partir do martes 6. (E vós, atopádeslle un aire ou…?)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s