A piques de rematar o día 2

Día 2 | As cousas hai que dicilas cando son verdade. A actriz Nadia de Santiago conquistou o noso sorriso e os nosos corazóns. Máis aínda despois de sair da sala de ver Ali, a película que vén de gañar o Premio Especial do Xurado no festival Opera Prima de Tudela (ex aequo con Carmina o revienta, de Paco León), e cuxo director, Paco R. Baños, estará mañá entre nós para presentar a súa película [ás 20:30h na sala 1 do Cinebox]. Quen fose esta tarde á primeira sesión, na que contamos coa presenza da propia Nadia e de Daniel de Zayas (técnico de son e compañeiro de batallas do director) poderá corroboralo: paga a pena ver o papelazo que realiza e o agradable que resulta a súa conexión con Verónica Forqué.

E é que por moito que queiramos disimular, a chegada de Nadia eclipsou a despedida de Ana Rodríguez, que marchou de volta para Madrid a preparar a première de Buscando a Eimish (o día 6, moita sorte para ela desde aquí… e que volva cando goste). E mesmo a agradable benvida ao xurado que nos quedaba por chegar: Dominic Lees aterrou a pasada madrugada procedente de Londres e, sen querer perder tempo, xa se puxo a visionar as películas. Porque o cine, non sendo en pantalla grande, só hai unha forma de velo: comodamente no sofá.

Salientar, por último, a excelente resposta do público. A expectación era grande, malia non facer moito ruído, e as colas chegaban até a porta do recinto. Catálogo e programa en man, os espectadores do 17OUFF estaban para comérselos… cun público así dá gusto pórse a organizar calquera cousa. E non só estaban os clásicos (os que nunca fallan), que vimos moitas novas fichaxes, savia nova. E mañá… mañá máis. Con sesións ás 18:00, 20:30 e 23:00 horas no Cinebox [consulta o programa por días] e, para quen queira mover o esquelete, o concerto do día na carpa do centro comercial: The Teta’s Van. Como para quedar na casa!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s