O que deu de si o Día 1

Día 1 (si, aínda) | Pois xa foi. O primeiro día de Festival xa rematou. Bueno… non, que aínda queda a post-gala, pero iso xa son outros contos que quedan para nós. En calquera caso, a bagaxe de vítimas é nula, agás polas colas que había no Cinebox para a primeira sesión de ciclos temáticos. A gala de inauguración foi un éxito: botamos unhas risas con Os da Ría e emocionámonos coa procura de Eimish.

No recibidor do Auditorio posouse (para o photocall, como mandan os cánones), atopouse a xente un ano despois, conversou, houbo apertas cariñosas e complicidade entre viño e viño… respirábase bo ambiente, vaia. Houbo baixas respecto ao 16OUFF, pero tamén altas que recibimos con moita ledicia, ou sexa que pode quedar todo no anecdotario. Arturito Puy e Fabián Santomé (aka. Carlos Meixide e Tomás Lijó) cáseque fan cantar a Agustín Fernández, o novo alcalde (e presidente do Consorcio do Festival, dito sexa de paso), pero o el sentiuse “tan Agustín…” Cristina e Raquel (do exército guerrilleiro de Pancho Villa) tomaron a alternativa no escenario, e houbo tamén até música ao vivo.

Tamén estaba por aí Ana Rodríguez Rosell, encantada e espectante perante a resposta do público. E abofé que foi boa, que a xente saía con cara de sorrir, como de quen pasou un bo rato. E Alfonso Pato, do Festival de Cans, ou Seve Casalderrey, do Anirmau, que non quixeron perder esta cita. E tamén Monti Castiñeiras e Sabela Arán, que puxeron a faciana guapa da gala. Por non falar de Ángel de la Cruz (e Dolores Ben, e Emiliano Otegui, agardando todos polo outro membro do xurado, Dominic Lees, que está a chegar). Ou de Nora Sola e de César Silva, que como Isabel Pérez ou Pepe Araujo fixeron camiño na historia deste Festival de Cine. En definitiva, que todos contentos. Y lo que te rondaré, morena… porque non acabamos máis que de comezar, e por diante quedan días de moito CINE (agora si, a-lo-gordo!).

Mañá comeza a competición, as proxeccións das 12 películas que optan ao Palmarés do 17OUFF. Na sesión de 18:00h, Izlet e Ali (esta última coa presenza da actriz Nadia de Santiago), ás 20:30h Poupata e The Enemy, e ás 23:00h Room 514 e Electrick Children. E tamén, na sala 8, ciclos temáticos. Veña… e de regalo, concerto de Glamis et Caudor ás 21:00h, na carpa instalada no Ponte Vella.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s