Chegou o día D: here we go!

Día 1 | Xa estamos aquí. O 17OUFF xa deu os seus primeiros pasos coa presentación de Buscando a Eimish a cargo da súa directora, Ana Rodríguez Rosell (é moito máis guapa en persoa, hai que dicilo) na que nos dixo algo que convén lembrar de cando en vez: as cousas fanse con amor ou non se fan (“Esta é a miña primeira película, e está feita coa ilusión e coa forza das primeiras cousas”, dixo, ademáis de outros apuntes moi interesantes). E, nun par de horiñas, iniciaranse as proxeccións dos ciclos temáticos no Cinebox. Todo rodado… e todo no aire: porque a gala de inauguración desta noite é, ante todo, unha liada das boas. Estamos falando de sentar a preto de 600 persoas (cada unha no seu asento), coordinarnos para que todo o traballo previo saia como ten que sair e… que todo saia ben!

Por certo, que xa temos aquí aos primeiros convidados: xunto a Ana Rodríguez Rosell, tamén chegaron Emiliano Otegui, Ángel de la Cruz, Dolores Ben, Dominic Lees (todos membros do xurado) e Daniel de Zayas, facendo de avanzadilla da representación da película Ali.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s