Os ciclos do 17OUFF: Panorama Galiza (4/4)

Ó.I. | DÍA -1 | Dende os seus inicios, o Festival de Cine de Ourense e o audiovisual galego camiñan da man sendo testemuñas e partícipes do desenvolvemento e consolidación no panorama nacional e internacional. Contar con Celda 211 ou 18 comidas como películas de inauguración en anos anteriores amosa o bo momento do sector no país e quere tamén demostrar que as nosas producións non teñen por que circunscribirse a unha sección que as discrimine positivamente. Alén disto, a nosa cidade sempre quixo ser escaparate promocionais do audiovisual galego, e ano tras ano consolida a súa aposta polo cinema do país na súa senlleira sección Panorama Galiza, que cada edición proxecta unha retrospectiva da colleita cinematográfica do país.

Este ano a oferta galega do Festival consiste de obras en todos os formatos, sen esquecer as curtas animadas, este ano con O sapateiro (Dir. David Doutel e Vasco Sá), El club del bromista (Dir. Luís Usón), O xigante (Dir. Luís Matta e Julio Valenzer), e os documentais: Avión, el pueblo ausente (Dir. María e Marcos Hervera), un retrato da emigración galega a América neste municipio ourensán; Morreu o demo, acabouse a peseta (Dir. Pedro C. Solla), unha exploración das raíces común do teatro de monicreques europeo; e sobre todo, N-VI (dir. Pela del Álamo), un interesantísimo percorrido por tramos da antiga estrada nacional de Madrid a Galicia, lugares abandonados onde aparentemente non ocorre nada).

Pero o que seguramente máis atención atraerá do Panorama Galiza son as longametraxes de ficción. Nese eido, ofrecemos dúas películas opostas pero complementarias: Personal Movie, un exercicio de xénero noir e serie B do “cu inquieto” Héctor Carré; e A pesar de todo, quérote, un telefilme de Jorge Algora ao redor dun accidente de tráfico que está protagonizado pola nova canteira de actores galegos.

Oito filmes, en definitiva, para facernos unha idea de como lle vai á nosa industria da sétima arte e que en moitos casos nos permitirán escoitar a nosa lingua falada na pantalla grande dunha sala de cinema.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s