Ás portas do 17OUFF

Día -1 | Percébese no ambiente: aquí estase a cociñar algo gordo. Á espera de que se abran as portas dos cines e de que o público tome os asentos disposto a gozar do bo cine, na oficina xa estamos todos en fase “prevenidos”. Mañá a estas horas estaremos todos metidos en fariña, escribindo as primeiras páxinas do 17OUFF. Pero agora, mentres o resto dos mortais apura as últimas horas dunha tarde de festivo, nós facemos os repasos de última hora, minimimos imprevistos, loitamos coa impresora, que non funciona, atamos cabos soltos e, coa axuda dunha pouca de música, tentamos manter a calma…

A primeira convidada que poña os pés en Ourense será Ana Rodríguez Rosell, a presentar en solitario Buscando a Eimish,  a película inaugural. Baixará do coche e, case a salto de mata, enfrontarase ás preguntas dos xornalistas na rolda de prensa que temos ás 13:00 (e que todos sexan puntuais…). Pola tarde comeza a feira: ás 18:00, 20:30 e 23:00 horas pelis dos ciclos non competitivos [consulta o programa] e, paralelamente, ás 21:00 horas abrimos formalmente (se cadra non tanto) o 17OUFF coa gala de inauguración presentada por Tomás Lijó e Carlos Meixide… Unha cita na que, como cada ano, contaremos con amigos chegados de todas as partes de Galicia e representantes da familia audiovisual.

Aí nos vemos, se vos parece. Deixámosvos ata mañá, o día D, facendo ganas, que a nós aínda nos quedan catro cousiñas por pechar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s