Os ciclos do 17OUFF: Europa (2/4)

Ó.I. | Día -2 | É unha mágoa que por mor de limitacións loxísticas e orzamentarias esta edición non puidésemos manter tradicionais seccións competitivas como a de curtas, a de docus ou a de animación. Na medida do posible, para compensar, estamos tentando suplir esa falta nos nosos ciclos paralelos, unha intención que se mostra especialmente evidente na composición do noso ciclo europeo, no que teñen particular preponderancia tres interesantes documentais de autor que procuran outras formas de plasmar o real.

Se Le bonheur… Terre promise (Dir. Laurent Hasse. Francia 2011), un experimento no que o seu director decidiu peregrinar por Francia e preguntarlle á xente que vai atopando que é para eles a felicidade, xoga coa forma ao combinar o diario videográfico coa poesía do azar e a radiografía do territorio, Outras cartas ou o amor inventado (Dir. Leonor Noivo. Portugal 2012) xoga en troques co fondo, ao ser un ensaio híbrido en torno a distintos aspectos da sexualidade moderna, no que a argumentación contrapón un clásico da literatura sentimental portuguesa cun manifesto feminista dos anos 70 e con entrevistas a participantes dos nosos días. Dúas exploracións que expanden a fronteira do xénero.

Pero se hai un documental que queiramos salientar especialmente esta edición é o imprescindible La plaza (Dir. Adriano Morán. España 2011), unha reportaxe que se achega ao fenómeno do 15-M cun punto vista obxectivo e despolitizado, ilustrando con imaxes de arquivo e interesantes testemuños o que pasou a primavera pasada na acampada da Porta de Sol, ao tempo que deixa entrever a evolución do movemento dos indignados. Estes 84 minutos condensan o que desgraciadamente non se puido ver hai un ano nos telexornais, e de propina vai acompañado pola curta Simiocracia -Crónica de la gran resaca económica- (Dir. Aleix Saló. España 2012), no que supón unha das nosas sesións máis reivindicativas.

Por último, Polski film (Dir. Marek Najbrt. República Checa, Polonia 2012) é unha arroutada metalingüística, un falso documental que mestura realidade e ficción e que segue a un grupo de actores que tentan rodar unha película baseada nas súas lembranzas na que se interpretarían a si mesmos (pensade en Charlie Kauffman á centroeuropea). Unha irónica parodia que amosa sen piedade a cara oculta da industria audiovisual sen desentoar dos tres testemuños fílmicos anteriores.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s