Os ciclos do 17OUFF: Comedia (3/4)

Ó.I. | Día -2 | En Ourense estamos fartos do clixé de que o cine de festival teña que ser mortalmente serio. É certo que na nosa selección predominan os títulos con transfundo social (seica no cinema comprometido custa atopar algo do que rirse), pero iso non quere dicir que o 100% do que proxectamos teñan que ser obrigatoriamente dramas e traxedias. Ademais, sabemos que o noso público demanda comedias (coa que está caendo, cómpre desconectar aínda que só sexa por unhas horiñas). Que tomásemos a decisión de escoller como filme de clausura unha sátira relixiosa que mestura a A vida de Brian coa retranca andaluza confirma a nosa aposta polo cine cómico no OUFF. Iso e… un ciclo de seu.

Nas tres longametraxes da nosa sección de Comedia podemos observar un amplo abano de matices de humor, que satisfarán a todo tipo de públicos. Non fan graza as mesmas cousas en América que en Escandinavia: cambian os referentes, cambia o timing, cambia a achega. Así, a oferta oscila entre a negra ironía de Diente por diente  (Dir. Miguel Bonilla Schnaas. México 2012), unha denuncia dalgúns dos grandes males que asolan á sociedade mexicana, como a violencia urbana e a inseguridade cidadá, a incapacidade ou mesmo pasotismo das forzas do estado para facer fronte á criminalidade e o sensacionalismo populista dos medios de comunicación, ou a cáustica reflexión destroyer de Jackpot (Dir. Magnus Martens. Noruega 2011), un retrato da condición humana que amosa como a cobiza xermola nun grupo de amigos que acaban de gañar unha quiniela, espertándolles os instintos asasinos para non ter que compartiren o premio), pasando pola simpatía amateur contaxiosa de Semiprofesionales (Dir. Juan A. Anguita. España 2012), unha comedia de guerrilla realizada practicamente sen orzamento e en branco e negro que compensa a carencia de medios cuns graciosísimos diálogos e unhas atinadas interpretacións por parte dun elenco de descoñecidos, seguindo o modelo iniciado por Kevin Smith en Clerks).

Diente por diente

Pechan o ciclo dúas curtas, Abracadabra (Dir. Diego Arjona. España 2012) co seu melancólico humor de pallaso triste e o chiste mudo de 7 minutos que é Finale (Dir. Balazs Simonyi. Hungría 2011), completando un espectro humorístico que esperemos que axude á audiencia cos seus efectos catárticos e/ou terapéuticos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s