Os ciclos do 17OUFF: América Latina (1/4)

Ó.I. | Día -3 | Das 128 longametraxes que recibimos para a selección desta edición, había moito onde escoller e non había sitio para todo o que nos tería gustado que entrase. Por iso tentamos que os nosos Ciclos Temáticos sexan unha especie de fiestras a películas que poderían ter sido pero que non couberon, pero das que estamos igualmente orgullosos de presentar. No noso habitual paseo polo máis interesante da cinematografía latinoamericana recente (unha sección recorrente deste OUFF, baixo o nome de Visións de América Latina), este ano decidimos incluír, amais de tres curtas animadas, catro filmes que reparando neles comparten máis características do que parecería inicialmente.

O máis curioso poderían ser os inesperados paralelismos entre as dúas cintas mexicanas, Nos vemos, papá (Dir. Lucía Carreras. México, 2011) e Mi universo en minúsculas (Dir. Hatuey Viveros. México, 2011), que xiran en torno a relacións entre fillas e pais ausentes. No caso da primeira, á protagonista cústalle aceptar a morte do seu proxenitor e imaxina que a súa pantasma segue con ela. Na segunda, unha rapaza viaxa á capital mexicana á procura do pai que nunca coñeceu, buscando a cegas por toda a cidade un enderezo descoñecido. Pilar vive nun universo claustrofóbico e enfermizo, e a súa familia terá que loitar para que supere o seu loito. Aina en cambio bótase á rúa, mergullándose nas diferentes caras e recunchos dunha megalópole tan fascinante como México D.F., onde cada barrio ten unha personalidade propia e atractiva.

O punto de vista pega un xiro de 180º en A cadeira do pai (Dir. Luciano Moura. Brasil 2012), e aquí é un pai distante o que parte á procura do fillo fugado da casa. Esta viaxe iniciática polo corazón do Brasil (presenciando as alarmantes diferencias deste país) serve para que este burgués egocéntrico se decate do que de verdade importa na vida. Quen tamén precisaría unha epifanía dese estilo son os frustrados e neuróticos personaxes do drama coral romántico No te enamores de mí (Dir. Federico Finkielstain. Arxentina 2011), un grupo de bonaerenses interconectados entre si aos que lles custa atopar ou conservar o amor. Tras unha serie de encontros e desencontros, haberá quen resolva os seus problemas sexuais e sentimentais e haberá quen non. Como na vida mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s