Cando se come aquí?

Día -3 | Yo sólo vine a comprar pan… xa o dicían os Siniestro Total 30 anos atrás (!!!), por iso que nós decidimos botarlle un pouco de condimento ao tema: porque no 17OUFF, ademais de cine, imos ter “manduca”. Trátase da campaña #ourensesabeacine (ollo, tuiteiros, que ten premio), en colaboración con Aceites Abril (ai, os nosos patrocinadores), na que hai implicados até 36 restaurantes e taperías da cidade con cadansúa proposta de prato dedicado ao cinema: están os menús Sempre Xonxa, Los Girasoles Ciegos, as tapas Shangai Spress, V de Vendetta ou un postre chamado Garganta profunda (banana en tempura, non ten mala pinta de todo).

A iniciativa nace coa idea de promocionar os potenciais da cidade: o cine, a comida, o noso casco vello e… si, acertastes: o termalismo. E é que, de paso que degustades os pratos de comida, poderedes participar no sorteo de 30 pases dobres para as Termas de Outariz. O proceso é ben sinxelo: primeiro, pedir o prato, á vontade; despois, sacarlle foto; terceiro, compartilo nas redes sociais (no twitter, co hashtag #ourensesabeacine, ou a través do noso facebook, ourenseff). A partir de aí, moita sorte…
Podedes consultar os establecementos participantes neste PDF, así como as tapas, os pratos e os menús que forman parte da campaña. Xa non tedes excusa: a buscar os establecementos, a papear ben e… a tuitear!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s