As pelis do 17OUFF: Electrick Children (e12)

Ó.I. | Día -3 | Sexa oficial ou oficioso, atreveríame a afirmar que existe un subxénero cinematográfico que é o “cine indie (independente) norteamericano”. É difícil definilo, pois trátase dun caixón de xastre onde teñen cabida cousas moi distintas, pero poderiamos convir que é un cinema intimista e psicolóxico, centrado nos personaxes, cunha estética realista, un ton que alterna o amable e o duro e bandas sonoras de calidade. Se o ano pasado era The Off Hours, cos seus cafés en diners e as súas discusións en lavanderías, a representante desta tendencia na competición, a cota de alternativo estadounidense en 2012 está representada por Electrick Children (Dir. Rebecca Thomas. EEUU, 2012).

Mirando por riba a biografía da súa guionista e directora, Rebecca Thomas, resalta o dato de que foi misioneira mormona, de aí que intuamos que hai certos elementos autobiográficos neste retrato dunha adolescente criada nunha seita fundamentalista que escapa dela e se enfronta á realidade ao escaparse a Las Vegas. De todos os xeitos, non hai acritude nin axuste de contas: denúnciase a intolerancia de certos fanatismos relixiosos, pero tempérase esta crítica cun toque de realismo máxico (Rachel cre que quedou embarazada por escoitar unha casete de música rock e o guión non fai nada por refutar esa inmaculada concepción; é máis, hai toda unha carambola de coincidencias que poderían ter orixe divina).

Thomas é quen de crear un universo fantástico propio durante hora e media. Sería moi esaxerado dicir que Rachel é a Amélie mormona, pero ambas comparten ese delicioso punto de vista naif sobre a realidade cotiá: quen poida identificarse coa nosa heroína e se sorprenda ao ir a un concerto, subir a un monopatín ou chamar por teléfono móbil como se fose a primeira vez que o fai vivirá unha experiencia estupenda.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s