As pelis do 17OUFF: ROOM 514 (10/12)

Ó.I. | Día -4 | A cinematografía israelí é aínda unha grande descoñecida no noso país. Unha mágoa, pois polo que nos chega ao festival cada ano podemos constatar que é un cine novo, urbano, arriscado, que non ten medo de contar pequenas historias cotiás ao tempo que aborda en paralelo a difícil situación política que se vive no país. Empezan a soarnos nomes como Amos Guitai ou Eytan Fox, e vannos chegando remakes norteamericanos antes cós orixinais hebreos (as series Homeland e In Treatment están baseadas nas israelís Hatufim e Be Tipul), pero aínda nos queda moito por descubrir.

Room 514 (Dir. Sharon Bar-Ziv. Israel 2012) é un filme excelente para introducirse neste fascinante cinema, pois leva no seu ADN os trazos principais deste panorama. Rodado cun orzamento realmente independente (sen parecer nunca cutre), a súa áxil posta en escena fai que esquezamos que se desenvolve case por completo nun único escenario (unha sala de interrogatorios) e con cinco únicos personaxes, escapando da teatralidade de propostas similares.

Pero se algo nos conquista é o guión: este claustrofóbico thriller político está construído a base de diálogos aceleradísimos, tensión constante e reviravoltas inesperadas, e mentres agardamos polo seu demoledor final os 90 minutos da súa metraxe pasan nun suspiro. Pero ademais de entreter, a película non agocha unha dimensión moral e antisistema ao denunciar a permisividade do exército israelí cos abusos dos seus soldados contra os civís palestinos nos Territorios Ocupados (a pesar das boas intencións da investigadora maxistralmente interpretada por Asia Naifeld, a situación a excede, é complexa de máis). Sen dúbida, a meirande descarga de adrenalina de toda a competición.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s