As pelis do 17OUFF: Poupata (11/12)

Ó.I. | Día -4 | O Nadal é unha das épocas máis estresantes do ano. Que non nos enganen as boas intencións festivas: o que importa é o mercantilismo e se non es feliz por decreto, suicídate. Xa custa sobrevivir á Noiteboa en condicións normais, pero imaxina que o teu marido é un alcólico ludópata ao que acaban de botar do traballo, que a túa mellor amiga e confidente é unha inmigrante vietnamita que case non fala o idioma, que a túa filla acaba de quedar empreñada por sabe Deus quen e que o teu fillo gastou os seus aforros en liberar do seu chulo a unha puta da que namorou ao vela facer striptease… Dan ganas de cortarse as venas!

Se nós estamos a pasalas putas coa crise, na Europa do Leste, neste caso na República Checa, seica están bastante peor. A súa situación, ademais, é consecuencia directa da resaca pos-comunista e de non teren entrado na zona euro. Aínda así, Deus aperta pero non afoga, esa semella ser a tese de Poupata(Dir. Zdenek Jirasky. República Checa, 2011). Realmente é admirable a contención deste filme, que amosa unha situación familiar complicadísima cunha sorprendente frialdade, unha xelidez emocional parella a ese manto de neve que cobre as chairas da Bohemia industrial.

Un reparto en estado de graza borda uns personaxes excesivos sen convertelos nunca en caricaturas. A desesperación está presente en cada fotograma da cinta, pero Jirasky apáñase para acompañala de puntuais momentos de esperanza (se cadra haberá un milagre de Nadal) que amornan a temperatura. Que mellor forma de consolarse polos problemas propios que relativizalos ante os dramas alleos!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s