As pelis do 17OUFF: Ali (9/12)

Ó.I. | Día -5 | Ai, as actrices. Hai directores que veneran ás súas actrices e lles crean vehículos para o seu lucimento. Almodóvar, Cukor, Ozon… unha lista á que se cadra pronto hai que engadir a Paco Baños, un debutante sevillano cuxa ópera prima (Ali. España,2012) dálle a oportunidade a dúas das mellores comediantas patrias, Verónica Forqué e Nadia de Santiago, de baterse nun duelo interpretativo de altura, subvertendo a dinámica tradicional de nai e filla.

A emerxente De Santiago é a estrela absoluta da función, a Ali do título, unha post-adolescente atascada nun traballo sen futuro nun supermercado e con serios problemas para abrirse emocionalmente polo seu pasado familiar. Ali ten a necesidade patolóxica de controlalo todo, e cando aparece un pretendente a facerlle as beiras non se atreve a deixarse levar polos seus sentimentos. Forqué é a súa nai, que sofre un trastorno mental e se comporta como unha rapariga inconstante, e ao meter ao seu novo noivo na casa crea unha situación incómoda que Ali tenta rebentar. As escenas que comparten ambas apoiándose, consolándose ou berrándose son un goce para os sentidos. Elas son as dúas protagonistas, pero non están soas: secúndanas un exército de robaescenas que elevan o nivel.

A etiqueta de comedia romántica quédalle pequena a este filme: si, todo xira en torno a se Ali poderá superar os seus medos e finalmente triunfará o amor, pero no proceso de chegar a hai bastante máis mala hostia que almibre. Unha película española que está na selección pola súa calidade, non por cubrir unha inexistente cota nacional. O Premio Asecan que levou no Festival de Málaga aválao.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s