Eskerrik asko, ZULOAK!

Día-7 | Apoios coma este nunca veñen mal, directamente desde Euskal Herria. O equipo de Zuloak, co seu director Fermin Muguruza á fronte, quixo achegarse esta tarde até as nosas oficinas antes de presentar a o documental no Auditorio de Ourense. Ademáis de mandarnos un saúdo moi agarimoso, quixeron tamén animar a todos os ourensáns a participar do 17OUFF. Boa xente, esta de Zuloak, abofé. Por iso que… non perdades a ocasión de velas -porque son elas as que arman o taco- este sábado a partir das 22:00horas na Sala Berlin (rúa Carriaricos), con convidados especiais.

Zuloak, o documental, vén de de participar na sección Zabaltegi do 60 Festival de Donosti, e máis alá de presentar a historia dunha banda formada exclusivamente por rapazas, bucea no máis profundo da identidade vasca ofrece unha visión de xénero cunha sensibilidade musical desgarradora.

O director Fermín Muguruza non dubida en sentenciar que “a xente recordará Zuloak como o proxecto no que se implicou a escena musical do País Vasco ao completo”. O director non so contou coa complicidade operativa das decenas de persoas implicadas, tamén coa súa colaboración económica a través dunha campaña de crowdfunding. O Festival de Cine de Ourense tamén quixo colaborar traballando na tradución e subtitulado ao galego. Zorterik onena para Zuloak no seu percorrido e… eskerrik asko polo seu apoio!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s