O exército de Pancho Villa (vol. V: Documentación)

Día -8 | Levábamos tempo se presentarvos a ninguén da oficina, e semellaba que se nos esgotaran os efectivos, pero non. Este exército está sembrado de soldados que, á modo da formiguiña, traballan silandeiro. E que sería das tropas sen ninguén que arquivase, ordenase e dése certa estrutura a todo o material que temos aquí? Pois o departamento de Documentación, no que Ana Cacabelos (Ani, para o resto do mundo) se encarga de recoller todas as películas que chegan, de non deixar de lado todas as que chegaron, e ata de facerlle oco ás que virán.

Pero deixemos que sexa ela quen nos explique, coas súas palabras, en que consiste a súa actividade: “Os materiais físicos e dixitais, tanto de documentación escrita, publicacións propias e alleas así como de películas físicas nos seus diversos formatos, localización e compilación profesional relativa a películas para concurso e comunicación coas produtoras e distribuidoras provedoras dos filmes, así como cos profesionais encargados da selección dos filmes a concurso na súa múltiple variedade de xéneros e seccións”. Case nada. Credes que queda aí?

O departamento de Ani tamén coordinadora do OUFFescola: “redacción das bases, comunicación cos colexios e titores dos traballos, recompilación e arquivo dos filmes, coordinación de xurados, galas, memoria…” Un certame, por certo, que acaba de abrir o seu prazo de voto “express” vía online (en Infantil e Primaria + Secundaria e ensino non universitario), e que celebrará os seu grande día o martes 6 de novembro, coa celebración da entrega de premios no Auditorio de Ourense.

En pleno Festival, coma quen di, o departamento de Documentación desexa unha participación activa do mundo do audiovisual, e garda un especial recordo do “coñecemento e recoñecemento dos profesionais que pasaron por aquí, xa que a través da colaboración profesional profiren consideración e respeto ao  medio”, afirma Ani.

Unha opinión sobre “O exército de Pancho Villa (vol. V: Documentación)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s