As pelis do 17OUFF: IZLET (2/12)

Día -9 | Ó.I. | Entre os candidatos ao Oscar a Mellor Película, existe un subxénero de filmes que inclúe certas epopeas grandilocuentes, películas (normalmente de época) que narran xestas bigger than life nas que todo é pomposo e rimbombante, mesmo son visualmente excesivas. Izlet (Dir. Nejc Gazvoda, Eslovenia-2011), aínda que tamén compite na carreira aos premios da Academia deste ano, é todo o contrario: unha historia íntima, a da viaxe en coche duns amigos que van pasar unha finde na praia, e que a partir da súa sinxeleza é que se converte en universal.

Porque calquera debería poder identificarse coa premisa desta longametraxe, unha elucubración sobre a data de caducidade da amizade que reflexiona sobre se é posible conservar aos amigos do instituto ou se irremediablemente as distintas circunstancias da vida rematan por separar ás persoas. A tese desenvólvese a través de tres personaxes en distintos momentos vitais (un soldado a punto de saír de misión, unha moza que vai mudarse ao estranxeiro e un fracasado que deixou a carreira e que non sabe que vai facer) que tentan rememorar as sensacións das súas vellas escapadas pero que senten que as cousas xa non encaixan entre eles.

Unha serie de acontecementos obrigarán a estes tres a axustaren as contas co seu pasado, deixándolles unicamente dúas opcións: separarse de todo ou reforzar os vellos vencellos. Unha película que engancha (escrita e dirixida pola nova sensación da escena cultural eslovena) e que funciona de bálsamo para calquera que sufrise unha experiencia de desconexión semellante cos vellos colegas. Porque hai veces na vida, como no cine, que nada volve ser igual despois de aquel verán.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s