As pelis do 17OUFF: CAN (1/12)

Día -10 | Iniciamos hoxe, unha vez desvelada a lista de películas da competición do 17OUFF, unha serie de artigos elaborados por Óscar Iglesias (Ó.I.). Neles iremos debullando polo miudo os 12 filmes da sección oficial de longametraxes. Para ir abrindo boca… Seguindo unha orde aleatoria, empezamos pola turca Can, de Rasit Çelikezer.

Ó.I. / Aínda que só a coñezo dende lonxe (a través de libros e películas, nunca a visitei), Turquía chámame a atención polos seus contrastes, cunha sociedade moi estamentada e a cabalo entre a Europa moderna e o Oriente islámico, onde os panos e os burkas non saltan á vista pero tampouco son quen as mulleres de librarse da sombra do patriarcado. Unha dicotomía xa sinalada por un documental proxectado no 16OUFF, Almost Married, que plasmaba o medo da súa directora ao ter que volver a Istambul dicirlles aos pais que rexeitaba un matrimonio concertado para casar cun italiano por amor.

Non poder ter fillos de forma natural pode ser unha traxedia para calquera parella en calquera parte do mundo, pero nun contexto coma o turco, onde tanta importancia se lle dá á familia nuclear tradicional, é unha desgraza fatal, un infortunio inconmensurable ao que non se sobrevive. Ese é o drama que relata Can, unha historia coa que é difícil non empatizar. Sobre todo polo personaxe da sufrida esposa que ten unha postura ambivalente ante a maternidade postiza á que se ve abocada; pola composición deste rol Selen Uçer empezou a ser coñecida na oficina como a Penélope Cruz turca.

Outro dos méritos da cinta é que estea contada en dous tempos, intercalando escenas do pasado e do presente, e dándolle máis importancia a comparar causas e consecuencias dunha decisión funesta que a desenvolver un relato linear lacrimóxeno. Se cadra por ter transcendido esa dimensión de telefilme de sobremesa é polo que este filme foi recoñecido no festival de Sundance.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s