Apenas un par de detalles

Día -11 | Chegou a hora da verdade. Coma un duelo ao sol, doblan as campás e os aborixes da oficina resgárdanse tras das súas pantallas e pechan as contras. Na porta do Saloon, os menos covardes asoman as cacholas por riba da porta. Sobre a area, os pistoleiros comproban a munición, mentres o enterrador toma medidas para preparar os cadaleitos… Non é así como se viven as últimas horas previas ao 17OUFF, pero case. Porque na oficina do Festival xa se acendeu o reloxo da conta atrás e o ambiente que se respira é… de máxima tensión.

Mentira (cochina). Todo o parágrafo anterior é puro conto, pero quedaba ben para acompañar a foto que, e isto si que é verdade, está na porta contigua á entrada da oficina e a todos nos pareceu que quedaría chula, cando menos. En realidade, nesta recta final para o Festival, respírase certa calma que non saberíamos se é debida a que as cousas ben feitas, ben parecen, ou ás nosas ganas de comezar esta edición. E o primeiro acto escribímolo, precisamente, mañá pola mañá.

A partir das dez e media, e coa presenza de Agustín Fernández, alcalde de Ourense, desvelaremos as películas que integran a competición oficial. Os 12 filmes cos que queremos sorprendervos, emocionarvos e engancharvos neste 17OUFF. Será en rolda de prensa, polo que á fin poderemos estrear toda a cartelería que instalamos ao fondo da oficina. Quedounos tan bonitiño ese recuncho que sería unha mágoa desaproveitalo. E, de paso, amosarlle aos xornalistas todo o que aquí levamos preparando durante meses, se é que a alguén lle apetece cheirar por aquí arriba.

Que se temos todo pechado? Sería moito dicir. Ou, como din por aí, chuspir para arriba. Mellor diremos que vai no bo camiño. Quedan por pechar… apenas un par de detalles. Pero para iso, coma nos libros, haberá que seguir pasando páxinas. Só quedan once!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s