Marchando un ‘spot’

Día -15 | Se o cartel para o OUFF 2012 son unhas mans sostendo un dezasete xigante, representando o apoio do público ao certame, o spot desta edición camiña polos mesmos derroteiros. A peza, obra de Natasha Lelenco e do departamento de Imaxe e Gráfica do OUFF, amósanos un público que, lonxe dos cinfusos titulares, decide apoiar a celebración da cita cultural máis internacional da cidade ofrecendo as súas mans para levantar este gran DEZASETE.

O spot está protagonizado polas mesmas persoas que colaboraron desinteresadamente na produción do cartel, unha inmellorable forma de predicar co exemplo a filosofía latente en toda a creatividade do departamento de Imaxe e Gráfica do OUFF. Os nosos agradecementos infinitos a todos eles… e aos que non saíron finalmente. Hai que dicir, tamén, que non foi todo un camiño de rosas: houbo ideas que foron aparecendo despois da sesión e tivemos que repetir varias tomas, así que nos vimos na necesidade de tirar “dos da casa”, como poderedes observar na foto.

Os que si están, e ben presentes, son os Why Go: o seu tema Fusion Tssh é o outro grande protagonista da peza. Os nosos agradcementos, igualmente, por poñernos música para este 17OUFF.

Agardamos que vos guste!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s