Películas para abrir e pechar o 17OUFF

Día -16 | A programación do OUFF vaise descubrindo. Gardamos ben o segredo e, malia que no programa En buena hora de Telemiño nolo quixeron sonsacar, mantivemos o tipo. Agora xa o podemos dicir ben alto: Buscando a Eimish, da directora Ana Rodríguez Rosell, será a película que abra o 17 Festival de Cine Internacional de Ourense. Nela poderemos ver a Óscar Jaenada, Manuela Vellés, Jan Cornet ou Emma Suárez, entre outros. A fita cóntanos a historia de Lucas, quen viaxa ao pasado na procura da súa moza. Así… a grandes rasgos, que tampouco queremos contar máis.

Porque agardamos vervos na estrea da película, que será o venres 2 de novembro a partir das 21:00 horas no Auditorio Municipal de Ourense. Antes da peli haberá unha pequena gala, como todos os anos, para ir abrindo boca, e contaremos coa presenza da directora Ana Rodríguez (porque é Rodríguez, por máis que eu me empeñe en chamarlle García… Rodríguz Rosell!) e… até aquí podo ler a tarxetiña, que diría o outro, que aínda hai moitas cousas por desvelar (si-si!).

O que si podemos contar é como vai acabar o conto. Ou vaia, máis ou menos. E xa vos podo garantir que será cun sorriso ben grande. O que nos traerá Chiqui Carabante coa súa 12+1, una comedia metafísica. Queredes saber que fan 12 tipos máis un no deserto? Mal asunto andar polo deserto… tanto que podes empezar seguindo ao Maestro e acabar dubidando se buscas a Deus ou á Morte, ou se estas dúas son a mesma cousa…

Por certo, que para acceder ás galas deste ano haberá que rascar o peto: un par de euriños na-máis, que non lle fan mal a ninguén. O mesmo que custa unha cervexa na terraza, que xa vos vexo rosmar por aí e, se me apurades, a cuarta parte do que nos custa unha entrada nos cines.. support Ouff!!

Sexa como for, isto non acaba máis que de comezar e, de hoxe en adiante, iremos descubrindo cada día un cachiño máis da nosa programación até quedarnos en… sen nada, vaia, que todo para vós! Seguide atentos, porque mañá vai haber novidades outra vez, e se cadra pasado tamén.
Xa que chegastes até aquí… un par de regaliños:
O tráiler de Buscando a Eimish e o de 12+1, una comedia metafísica. For free 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s