Un mar de documentos

Día -17 | Vai un ano, botando a vista atrás, estábamos dando os primeiros pasos do 16OUFF. Era domingo, e os máis estaban aínda curando a “resaca” do inicio do Festival. Xa pasaran por aquí Benito Zambrano, Amparo Vega, Pancho Casal, Susana Maceiras, sara Casasnovas, Antonio Mourelos, Isleny Cruz… e do que nos quedaba por diante tiñamos só o coñecemento por medio de complexos documentos en forma de cronogramas… Hoxe, a dezasete (precisamente o número ao redor do que orbitaremos este ano) días para o inicio. Os nomes son outros, pero os documentos, máis ou menos os mesmos.

Apenas un borrador da batalla final: follas cheas de listas, correos, números de teléfono, horarios de proxección… unha e outra vez superados polo decorrer do tempo. Cada minuto pode supoñer unha pirueta mortal na configuración de cada documento.
Cada departamento manexa os seus propios arquivos, pero están estreitamente relacionados entre si. Os que inicia Produción determinan os de Tradución e, estes, os de Comunicación que, finalmente, pasarán ao de Imaxe Gráfica para que acaben verquéndose en dous documentos pai: o catálogo e o programa de man.

Pero ata chegar aquí o camiño é longo. Empecemos, pois, polo principio. E o principio foi o Verbo, e o Verbo estaba con Deus, e o verbo era deus. Vaia, que da carpeta primixenia de Materiais (fotos en alta calidade, listas de diálogos, enderezos de contacto, sinopses, requisitos de proxección…) recompilada por Josemaría aka. Mr. Campo sae, basicamente, o resto da vida. E chegamos a Adán e a Eva, ou a Competidores e Ciclistas. Tradución comeza a cadrar programación e fai os seus Horarios. Eses horarios pasan a produción, que elabora os seus propios documentos, sempre en continuo work in progress.

Pasada esa primeira peneira, que nunca remata de materializarse, entra en liza Comunicación para empezar a elaborar documentos de todo tipo: contactos, biografías, lista de películas, asistentes, viaxes, recollidas en coche, noites de hotel… Canto lle gusta a este departamento facer documentos! Tanto que xa teñen os seus propios nomes e apelidos: Ocupación hoteis, onde se anotan as habitacións libres e ocupadas por hotel e por noite, Planificación coches, que establece cando hai que recoller a cada convidado e quen é o condutor que debe facelo e, finalmente, o documento definitivo, Asistente viaxes, que nos di cando chega cada convidado, os días de proxección da súa película, as noites que dorme e onde (ata en que clase de cama), os horarios do seu voo…

Documentos de datos, documentos de texto, metadatos… a dezasete días para o 17OUFF todo semella unha marea de documentos nos que organizar o traballo. Pero cada folla de calendario que vaiamos arrincando, os documentos irán quedando nun segundo plano… porque dentro de nós agroma esa mestura de incerteza e ilusión, e xa temos ganas de rachar as follas para darlle a benvida á nai de todas as batallas. E aos exames, de todos é sabido, non vale entrar con follas soltas…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s