Inmediato vs. Urxente

Día -18 | Ola amigos! Hoxe, no blog do 17OUFF, imos aprender a diferenza entre o Urxente e o Inmediato. Dous conceitos tan aparentemente semellantes e, pola contra, tan distantes no seu significado. Se lle botamos unha ollada ao diccionario, mesmo aparecen como sinónimos. Pero agora atendamos a este exemplo: nunha das túas mans sostedes unha bomba, e un reloxo marca un impertinentemente tic-tac que vai máis rápido de vez; na outra man, sonando a todo trapo, o teléfono móbil cunha chamada entrante da produtora da que levades pendente de resposta dende vai unha semana. Que faríades?

Para calquera mortal, a premura do reloxo faríalle pensar en desfacerse da bomba. Error: estamos ante un claro caso de urxencia, atenuado se cadra por certo pánico polo fatalismo. Pensemos no noso heroe favorito: Que faría Adam West nunha situación coma esta? Obviamente, tirar pola tanxente e coller o teléfono da produtora. Correcto! Un evidentísimo caso de inmediatez (e de sensatez). Un asunto tan acuciante que deixa en irremediable segundo plano calquera outro.

Que ocorre, queridos amigos, cando se antepón o urxente ao inmediato? O máis probable é que nos pillemos as mans. Evidentemente, evitamos o estourido, e pode que até nos convirtamos en heroes efémeros. Pero, ai amigos… a produtora non vai dar máis sinais de vida até a semana que vén (ben porque en Polonia é festivo local, ben porque é o único momento do día no que o intérprete iraní-inglés pode percorrer os oitenta quilómetros que separan a súa cidade da sé da distribuidora -si, si…-, ou ben porque, simplemente, Murphy sempre leva razón), demasiado tarde e game over. Estás morto.

Pode suceder, tamén, que haxa quen opine ao revés. De feito, a bomba e a chamada da produtora locen as dúas o significante ‘inmediato’. Fatal tesitura. Veste na obriga de negociar, en tempo récord, o status de cada unha delas. Comentarlle á bomba, co teu mellor sorriso e palabrería xabonosa, que ela sempre ficará no teu corazón no primeiro lugar, e que non hai nada máis importante para este festival que a resolución inminente do seu conflito. O que che gustaría a ti resolverlle o problema antes ca a ninguén e tal… e mentres falas, unha chiscadela de ollo á produtora, coma quen está a enganar un neno pequeno cun doce para que deixe de amolar. Ninguén dixo que fose fácil.

Para a vindeira clase quedará a diferenza entre ‘arriba’ e ‘abaixo’. Era de urxencia pero… algo se colou no medio que era máis inmediato.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s