Un pequeno alto no camiño

Día -22 | Os traballadores do OUFF, aínda recoñecéndonos nada ‘marianos’, celebramos con grande alboroto a chegada da festividade d(a virxe d)o Pilar. Como adoita dicir miña nai, “se o tempo te apura, apúralle ti a el”, así que sen prexuízo de ningún tipo encaramos esta ponte que nos brinda o calendario para tomarnos un merecidísimo descanso antes de afrontar o sprint final. Non por iso deixaremos de estar dispoñibles as 24horas para calquera continxencia (do tipo modificacións no catálogo2012, chamadas de/ao estranxeiro, peche de viaxes… non vaiades abusar). Porque tamén vos digo unha cousa: só nos queda por descubrir… o mellor do pastel! Como diría un que eu me sei: “Boas noites e…” (A gozar do tempo, que vén bo cine!)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s