E á fin, o momento ‘destape’

Día -23 | Custou, abofé… pero á fin, podemos destapar o cartel do 17OUFF. Non sabemos se era necesario tanto misterio, pero disque todo o bo se fai agardar, así que aí o tedes: unha imaxe protagonizada por un dezasete xigante (correspondente á edición deste ano, ben en grande, que xa son ben anos) sostido por unha serie de mans que pretenden simbolizar o apoio recibido polo público da cidade ao longo de todo o ano.

Como se as mans, alleas ao ruído que este ano envolveu o OUFF durante grande parte do ano, tomasen a iniciativa de reivindicar e levantar unha nova edición da cita cultural máis internacional da cidade. Un pulo que se notou, en carnes propias, así que non podíamos menos que agradecelo dándolle o protagonismo que merecía.

A autoría do cartel debémoslla ao fotógrafo Daniel Gallego e aos departamentos de Comunicación e de Imaxe e Gráfica do OUFF. Pero os agradecementos hai que estendelos a todas as persoas que, desinteresadamente, acudiron á nosa chamada (nós sempre a pedir…) para cedernos as súas mans. O que se di coloquialmente “a botarnos unha man”.

Agardemos que, do 2 a o 11 de novembro, manteñades esas mesmas ganas de Festival que levades demostrando todo o ano e acudades ás salas para asistir ao melloriño do cine que se fai polo mundo adiante.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s