As chamadas perdidas

Día -28 | Pese ás olleiras, tiña esta mañá unha mirada luminosa e serena. () Isto podería comezar coma un dos relatos de Manuel Rivas. Pero o asunto ten uns tintes máis prosaicos. E é que levamos toda a semana colgados do teléfono, pero é rara a ocasión na que a persoa desexada aparece ao outro lado do auricular. Entendemos que sexa venres pola tarde, e que o bo tempo que nos quixo acompañar esta tarde anime a gozar do día e da vida, ou mesmo, a ver quen di que non, que nos equivocamos ao marcar e hai un teléfono soando onde non debe. Vale. Pero… quen se atreve a afirmar que non se activa unha luz vermella cando o aparello de destino recoñece a nosa chamada?

Fuxamos, porén, de oscuras teorías conspirativas e pensemos que, se non collen, é porque non oirán o teléfono. Iso si, tamén vos digo unha cousa. E isto é, como dicían os The Clash, un anuncio de servizo público… pero sen guitarras: se soa o teléfono, collede. Pensade que tras da liña pode haber un traballador do Festival de Cine certamente agobiado pola falla de certezas a falta de (dixemos) 28 días para a festa.

Por certo, que alguén nos dixo que lle gustara moito o cartel do 17OUFF. Que grazas, que se agradecen os cariños. Nós seguimos nela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s