Subimos ou baixamos?

Día -29 | Vimos falando estes últimos días do tempo, ese concepto tan relativo, e semella que nos esquecemos de falarvos de todo o que andamos facendo para que o 17OUFF sexa o punto de encontro do mellor cine internacional. Vaia, como se non soubésemos se subimos ou baixamos. Porén, no (curto) camiño que nos queda por percorrer iremos descubrindo o cerne do que viviremos en Ourense do 2 ao 11 de novembro. Superando un período de dificultades e turbulencias alleas ao estrictamente cinematográfico, o OUFF sae adiante, maiormente grazas ao pulo dun público que quere máis cine (+cine, sónavos?).

Como xa temos anunciado, este ano pasaremos das habituais cinco categorías a concurso a unha soa, o noso buque insignia, a de Longametraxes de ficción e imaxe real. Desde a organización cremos que este recorte (si, tamén aquí) non afecta á condición do OUFF e, cumprindo a máxima de que menos é máis, apostamos por unha escolla de películas de grande calidade que manteña o alto nivel que o festival vén dando dende os seus inicios.

Fóra da competición oficial, manteremos os ciclos temáticos divididos catro bloques fundamentais: América Latina, Europa, Comedia e Panorama Galicia. Un espazo reservado para as producións cinematográficas e audiovisuais máis destacadas e tamén un amplo contedor que lle dea cabida aos formatos que non poden competir: curtas, docus e animación non desaparecen no 17OUFF. Por desgranar tamén nos quedan un par de agasallos en forma de estreas cinematográficas: un filme que lle dea o pistoletazo de saída (precedida dunha -agardamos- divertidísima gala de apertura) e, do mesmo xeito, un filme de clausura. E, por se fose pouco, unha nova edición do certame OUFFescola, o viveiro de novos talentos do audiovisual.

Na oficina tamén traballamos nas actividades que se celebran á marxe das salas de exhibición. Queremos ofrecerlle á cidade un foro de debate no que destacadas figuras do audiovisual deliberen e reflexionen sobre os retos do sector e compartan, perante os futuros profesionais e perante o público en xeral, as súas experiencias e as novidades máis destacadas. E, para quitarlle ferro a todo isto, o 17OUFF habilitará un punto de encontro no que poderemos atoparnos e charlar distendidamente sobre o que nos veña en gana ou, se o preferimos, asistir ao espectáculo da música ao vivo (non vai ser todo cine!).

Definitivamente, SUBIMOS: hai 17OUFF. Pero até o 2 de novembro aínda hai cousas que descubrir, así que seguiremos informando…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s