Alá vai o que Marica fiou

Día -30 | Coas ganas que tiñamos de presentar o cartel do 17OUFF, e ao final temos que agardar. Como xa dicíamos onte, o tempo é relativo, así que por riba quedamos coa incógnita de saber cando o poderemos facer. Tan vestidiño el, como estaba, para a súa presentación en sociedade… O peor é esta sorte de temor de nai que nos queda dentro: se cadra non serven de nada “las monjas / ni los caprichos ni lisonjas / que tuvo a granel” e, calquera día destes, vémolo por aí tirado en calquera bar.
Ah, e por se alguén se pregunta pola expresión do título deste artigo: malia que a “o meu gozo nun pozo” está documentado nunha obra literaria de 1899, o noso (atentísimo) departamento de Tradución recomenda o emprego destas outras formas… máis nosas.

Unha opinión sobre “Alá vai o que Marica fiou

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s