Un mes para o 17OUFF

Día -31 | De hoxe nun mes, todos no allo. E é que, descontando domingos e algún que outro festivo polo medio, quedan pouco máis de vinte días de oficina para que comece o 17OUFF. Dó aqueles días de incerteza, dó as sesións do +CINE e dó as tardes do verán, Elisa vida mía? Pois é, que o tempo apremia, pero na oficina xa empezamos a deixar cousas ben atadas e amarradas: xa temos cartel, empezamos a recibir películas e, como quen di… xa empezamos a cheirar a festival.

Un mes para rematar de subtitular todo o material recibido (o que aínda non recibimos, que veña axiña); un mes, si, para rematar de comprender a “maxia” do DCP (ese marabilloso formato que substitúe ao 35mm pero do que ninguén coñece a chave máxica para garantir o subtitulado na sala); trinta días e hoxe de regalo, en resumo, para saber se certa institución de ámbito autonómico que nos adebeda cartos desde 2010 vai afrouxar a carteira para garantirlle os pagos aos nosos acreedores…

Porque até hoxe falábamos (en pasado xa) dun mes, pero hai cousas para as que non temos tanto tempo. Nomeadamente, para que as negociacións sobre os dereitos de exhibición de certos filmes cheguen a bo termo; e, en consecuencia, para pechar definitivamente un catálogo e unha programación cuxos prazos de imprenta empezan a pintar vermello escuro; apenas un par de semanas para empezarvos a contar cales son os protagonistas (directores, actores e actrices, profesionais para as actividades paralelas, etc.) que nos van visitar. Pero… canto dura un mes?

Porque o tempo é relativo. Xa o dicía ese señor de bigotes, por certo moi afeccionado ao cine. E un mes dá para moito. Se nos queredes acompañar, irémolo compartindo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s