“Nos enche de moita xonra…”

Día -2 | Fixemos unhas chamádolas e non atopamos mellores presentadores para a de inauguración do trece festival… do dezasete… dezasete áns de Festival de Cine Internacional de Ourense nas mans de Fabián Santomé e de Arturito Puy. Tamén coñecidos, no mundiño, como Os da Ría ou, para quen teña máis confiansaTomás Lijó e Carlos Meixide.

Sobre as súas costas descansa a responsabilidade (…) de abrir o 17OUFF, e quen sabe se de pechalo tamén! Este venres, ás nove da noite, no Auditorio de Ourense, no previo á proxección de Buscando a Eimish. Aí nos vemos!

Os ciclos do 17OUFF: Comedia (3/4)

Ó.I. | Día -2 | En Ourense estamos fartos do clixé de que o cine de festival teña que ser mortalmente serio. É certo que na nosa selección predominan os títulos con transfundo social (seica no cinema comprometido custa atopar algo do que rirse), pero iso non quere dicir que o 100% do que proxectamos teñan que ser obrigatoriamente dramas e traxedias. Ademais, sabemos que o noso público demanda comedias (coa que está caendo, cómpre desconectar aínda que só sexa por unhas horiñas). Que tomásemos a decisión de escoller como filme de clausura unha sátira relixiosa que mestura a A vida de Brian coa retranca andaluza confirma a nosa aposta polo cine cómico no OUFF. Iso e… un ciclo de seu. Seguir lendo

Os ciclos do 17OUFF: Europa (2/4)

Ó.I. | Día -2 | É unha mágoa que por mor de limitacións loxísticas e orzamentarias esta edición non puidésemos manter tradicionais seccións competitivas como a de curtas, a de docus ou a de animación. Na medida do posible, para compensar, estamos tentando suplir esa falta nos nosos ciclos paralelos, unha intención que se mostra especialmente evidente na composición do noso ciclo europeo, no que teñen particular preponderancia tres interesantes documentais de autor que procuran outras formas de plasmar o real. Seguir lendo

Os ciclos do 17OUFF: América Latina (1/4)

Ó.I. | Día -3 | Das 128 longametraxes que recibimos para a selección desta edición, había moito onde escoller e non había sitio para todo o que nos tería gustado que entrase. Por iso tentamos que os nosos Ciclos Temáticos sexan unha especie de fiestras a películas que poderían ter sido pero que non couberon, pero das que estamos igualmente orgullosos de presentar. No noso habitual paseo polo máis interesante da cinematografía latinoamericana recente (unha sección recorrente deste OUFF, baixo o nome de Visións de América Latina), este ano decidimos incluír, amais de tres curtas animadas, catro filmes que reparando neles comparten máis características do que parecería inicialmente. Seguir lendo

Cando se come aquí?

Día -3 | Yo sólo vine a comprar pan… xa o dicían os Siniestro Total 30 anos atrás (!!!), por iso que nós decidimos botarlle un pouco de condimento ao tema: porque no 17OUFF, ademais de cine, imos ter “manduca”. Trátase da campaña #ourensesabeacine (ollo, tuiteiros, que ten premio), en colaboración con Aceites Abril (ai, os nosos patrocinadores), na que hai implicados até 36 restaurantes e taperías da cidade con cadansúa proposta de prato dedicado ao cinema: están os menús Sempre Xonxa, Los Girasoles Ciegos, as tapas Shangai Spress, V de Vendetta ou un postre chamado Garganta profunda (banana en tempura, non ten mala pinta de todo). Seguir lendo

As pelis do 17OUFF: Electrick Children (e12)

Ó.I. | Día -3 | Sexa oficial ou oficioso, atreveríame a afirmar que existe un subxénero cinematográfico que é o “cine indie (independente) norteamericano”. É difícil definilo, pois trátase dun caixón de xastre onde teñen cabida cousas moi distintas, pero poderiamos convir que é un cinema intimista e psicolóxico, centrado nos personaxes, cunha estética realista, un ton que alterna o amable e o duro e bandas sonoras de calidade. Se o ano pasado era The Off Hours, cos seus cafés en diners e as súas discusións en lavanderías, a representante desta tendencia na competición, a cota de alternativo estadounidense en 2012 está representada por Electrick Children (Dir. Rebecca Thomas. EEUU, 2012). Seguir lendo