A primeira película, na oficina

Día -35 | A chegada da primeira película de competición á oficina adoita ser un acontecemento só comparable ao espertar máxico da noite de Reis. Consiste o tema nun paquete de grandes dimensións, procedente dun país afastado (canto máis exótico, máis cotizado o selo e maior a emoción) e cunha pegatina de Fráxil no seu exterior. No seu interior, dúas latas co filme en película de 35mm. Pero os tempos do cambio son chegados: Acabamos de recibir a primeira película de competición do 17OUFF na oficina e, oh sorpresa… era un sobre pequeno.

Unha vez aberto, non sen certo desconcerto pola nosa banda, descubrimos o pastel: era un disco duro. Foi un momento incerto, de olladas cun interrogante debuxado na fronte. Até que as tres letras máxicas nos delataron a resolución do enigma. D.C.P. Digital Cinema Package. Acabáramos! A última das paradas da revolución dixital no mundo do cine.

Como a cousa semella ser certamente complicada, pedímoslle ao noso departamento de Produción que bote luz sobre o asunto. Porque a cousa non vai precisamente de formatos comprimidos con perda de calidade… Ben ao contrario, “o DCP é culpable da forzada despedida do 35mm”, sistema de proxección dixital tanto de 2D como de 3D. Entre as principais vantaxes do novo formato, dinos Rebeca Domínguez, está que o seu custo de produción permite facer moitas copias abaratando recursos. Igualmente, consérvase moito mellor que as bobinas, pois estas podían acumular pó, sucidade ou rascadelas. No tocante á calidade de proxección, é similar ou superior á dos 35mm. E, se falamos de seguridade, o DCP permite protexer (e mesmo bloquear o visionado a unha serie limitada de proxeccións) moito mellor a gravación orixinal fronte a copias ilegais. Por non tocar o tema da practicidade: cámbiache o conto de enviar un par de latas de 20 quilos a un pequeno sobre de apenas uns poucos gramos.

Por certo, que só queda dicir que película é a que chegou… pero iso non toca polo de agora.

[Ligazón esterna: Breves apuntamentos sobre o DCP, por Antonio Castro]

Unha opinión sobre “A primeira película, na oficina

  1. Pingback: Máis de 200 traballos no peto… e agora que? | 18 Festival de Cine Internacional de Ourense

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s