Pasaron por aquí, vol. VI

Día -37 | O Festival de Cine de Ourense foi, de sempre, un escaparate único para ver, antes que en ningún outro sitio, producións que acabarían por se converter en perlas do cinema independente. Neste sentido, tamén podemos dicir que pola cidade pasaron directores que se converterían en referentes dun modo de facer cine… até o punto de dar o salto a Hollywood. Un dos máis sobranceiros foi Alejandro Amenábar, que no 2ºOUFF acodeu a Ourense para a proxección de Tesis (1996) e para a presentación, no Teatro Principal, do making of de Abre los ojos (1997). Ollo, primicia mundial.

Catro anos máis tarde, Cameron Crowe realizaría a adaptación estadounidense do filme, Vanilla Sky (2001), pero ningún dos seus protagonistas tivo a sorte de pasar polo noso OUFF, e moito menos pasear pola nosa Zona de Viños. Quen si o fixera, un ano antes, foi un realizador de curtas ao que moitas veces lle colocamos o apelido ourensán (naceu preto de Cenlle, no Ribeiro) malia que el se declara abertamente salmantino: el é Rodrigo Cortés. Fíxoo para presentar 15 días (2000), unha curta protagonizada “por un mafioso cabrón e entrañable” ao que daba vida o actor Óscar Rodríguez e que mereceu o premio do público local. Anos máis tarde, contaría co actor Ryan Reynolds para a gravación de Buried (2010), unha película que se converteu un éxito de público a ambos lados do Atlántico.

Tanto Amenábar como Cortés viñan, daquela, coas súas primeiras obras baixo o brazo. Pero se falamos de películas éxito, non podemos esquecer que na sétima edición do Festival paseouse un Oscar por Ourense, e dos auténticos. Veu da man de Un coupable idéal, de Jean-Xavier de Lestrade (foto), mellor documental para a Academia de Hollywood en 2001. E o seu director, francés pero de ascendencia galega, quixo compartir con nós o seu trofeo durante a súa estadía na cidade. Despois da rolda de prensa foron moitos os que se quixeron fotografar coa estatuiña, pero de Lestrade, se cadra con bo criterio, non quixo apearse dela en ningún momento. Amiguiños si, pero un Oscar, polo que vale!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s