O exército de Pancho Villa (vol.III: Imaxe e Gráfica)

Día -38 | En todo exército sempre hai un destacamento que actúa por libre. Que se bota ao monte sen agardar por ordes previas. Son, de entre todos, os máis estilistas, os que posúen a arte da batalla no código xenético. No exército de Pancho Villa, ese papel correspóndelle ao departamento de Imaxe e Gráfica, o encargado de debuxar a nosa faciana cara o exterior. Fotografía, deseño gráfico, pezas audiovisuais… son as señas de identidade do seu departamento. Eles son Natasha Lelenco e Daniel Gallego, o batallón máis artístico do 17OUFF.

A imaxe corporativa, a fotografía e o deseño dos recursos gráficos e publicitarios corren pola conta de Daniel Gallego (Ourense, 1988), quen está a piques de comezar o seu terceiro Festival. O seu carácter tranquilo (desexa, por riba de todas as cousas, “que non haxa présas, que dea tempo a chegar a todos os sitios…”) contrasta coa súa predisposición á festa (e, ademais de todo o anterior, “coñecer moita xente e pasalo ben-ben”), se cadra por iso todos precisamos del en case todas as ocasións. Se lle pedimos que nos diga a imaxe que mellor define o seu traballo no pasado Festival, afirma logo de resoplar vagamente: “Chegar do centro comercial ben pasada a media noite e quedar na oficina até as tantas da mañá… traballando, claro”.

Daniel Gallego, fotógrafo autodidacta, completou os seus coñecementos na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense. Antes de ocuparse de retratar as actividades do OUFF dedicábase a facer fotografías de eventos musicais. Se tivese que elixir un artista para retratar, “fose quen fose”, non o dubida: “Kubrick”.

A súa compañeira no departamento gráfico é Natasha Lelenco (Chisinau, 1982), ou a rapaza da cámara. Sempre en segundo plano, sempre atenta a cada movemento, a cada detalle. É a responsable da imaxe en movemento do festival: spot, making of, entrevistas… Especializouse en Artes Decorativas na facultade de Belas Artes Oradea (Romanía), e desde que chegou a Galicia é unha fixa na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, aínda que non é nada estraño vela xunto ás compañías galegas de artes escénicas ou na organozación do Arteficial. O seu reto é “descubrir a todas as persoas que pasen polo Festival a través do obxetivo da cámara”, por iso que non nos estraña que para este 17OUFF pida “que cada un traballe alegremente no seu e que flúan ben as cousas, de forma que cadaquén dea o mellor de si mesmo e todos acabemos contentos”.

Seguide atentos ás vosas pantallas porque o departamento de Imaxe e Gráfica do 17OUFF é unha caixa de sorpresas…

[Ligazóns: Daniel Gallego en LADDO e Natasha Lelenco en Vimeo]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s