De onde vén a Calpurnia?

Día -39 |  Este sábado pola mañá, escoitando o programa de radio A vivir que son dos días que dirixe Javier Del Pino na Cadena SER, entrei en pánico cando un dos seus colaboradores, o fantástico Javier Cansado, comezou a enumerar “nomes de premios de festivais de cine que lle gustaban e nomes que non”. Pensei: Xa verás ti como… E así foi que, tras La Concha (San Sebastián) e La Espiga (Seminci), caeu en desgraza a nosa Calpurnia (min. 20:18). Efectivamente, admirado Cansado, o nome vén dunha muller. Non a do César (Julio), pero si a da primeira habitante acreditada da cidade de Ourense.

E non foi polo seu DNI que a coñecemos: no século I d.C., unha muller chamada Calpurnia Abana quixo deixar gravado en pedra o seu agradecemento ás ninfas das augas das Burgas por unha visión que tivo fronte ás súas augas, disque. En troques de facelo co vulgar Calpurnia hic fuit, a inscrición que proba a súa existencia atopámola nunha das catro aras votivas (que é o nome que se lle dá a estes penedos de agradecemento) descobertas en 1802 nunha horta xunto ás Burgas. E o que a señora (porque só os personaxes que tiñan certa relavancia, supoñemos que económica ou pecuniaria, podían expor os seus nomes nos exvotos e ofrendas aos deuses) puxo foi o seguinte: NYMPHIS/ CALPVRN/IA ABANA/AEBOSO (cum)/EX VISV/V(otum) S(olvit) L(ibens). Vaia, que “Calpurnia Abana, da xente dos Ebosos, ofreceu este voto ás Ninfasdeusas destas augas con motivo dunha visión que tivo”. As ninfas ás que está dedicada o ara eran, por certo, as moradoras e protectoras dos ríos e das fontes.

Na procura dun referente da cidade de Ourense e dun nome singular para bautizar o premio do seu recén nacido festival, os responsables do primeiro OUFF atoparon nesta muller a denominación perfecta para o grande premio do certame. A figuriña, obra do escultor ourensán Manuel Buciños, non sufriu case modificación algunha desde a segunda edición (que foi cando se comezou a entregar), non sendo a incorporación do nome da cidade e algún outro detalle mínimo. E así, todos os grandes premios (Mellor Película, Mellor Documental, Mellor Curtametraxe, até a pasada edición) levan o nome de Gran Premio Calpurnia.

Agardamos, querido Javier, ter botado algo de luz sobre a orixe deste premio á espera de saber quen o leva este ano. A resposta, o vindeiro 10 de novembro.

Unha opinión sobre “De onde vén a Calpurnia?

  1. Pingback: A nosa imaxe | 18 Festival de Cine Internacional de Ourense

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s